Mi?rcoles, 29 de marzo de 2017

Logo de rematar o prazo de inscripcións, informamos que aínda quedan algunhas prazas libres para ir este venres día 31 marzo ao partido de baloncesto profesional Ourense-Burgos. Se estades interesados ou sabedes de alguén, anotarse en Master Sanfer de Salceda. Mais información no facebook do CB.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 11:06
Lunes, 27 de marzo de 2017
CASELAS (35): Toni 7, Santi 10, Rober 1, Lucas 2, Manu 2. QUINTETO. Hedber 11, Jito 2.
Parciais:  15-8 / 15-14 / 6-8 / 10-5.
Incidencias: Encontro correspondente a 17 xornada de liga de Terceira Autonómica que fora aprazado no entroido. Colexio Marcote de Vigo. Escasísimo público.

Partido moi malo por ambos lados cun Caselas que aparecía con moitas baixas. Ao mal xogo, uniuse unha baixísima porcentaxe no lanzamento que nos deixou nese guarismo de 35 puntos finais. Nin a tímida reacción no cuarto final -onde nos puxemos a cinco puntos- serviu de revulsivo a un equipo que non deu sensación de querer gañar.
Esta derrota, a falta de dúas xornada para o fin da liga, nos leva matematicamente ao descenso. Tal vez merecemos algo máis pola entrega e loita destes xogadores e entrenador en varios partidos. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Fem: MIRALBA 32 CASELAS 58
Mini Mixto: CASELAS 35 AIREXA NIGRÁN 61
Premini A: NOVOBASKET VIGO 47 CASELAS A 33
Premini B: CASELAS B 25 PONTEAREAS 44


Publicado por cbcaselas @ 23:30  | CRONICAS
Lunes, 20 de marzo de 2017

Outro ano máis organizamos unha viaxe a Ourense para ver o partido de LEB Oro (segunda categoría do basket español) entre o Ourense e o Burgos. Será o venres 31 de marzo as 21:00 (saímos de Salceda as 19:00). Pode ir quen queira (xogadores, familiares, público, etc). Os prezos son moi asequibles, 5 ou 10€, con entrada e bus incluídos. Tedes toda a información no facebook do C.B.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 23:56
CASELAS (59): Toni 4, Hedber 6, Lucas 8, Manu 6, Rober 3. QUINTETO. Carlos Vicente 6, Jito 9, Santi 17.
Parciais: 16-12 / 18-10 / 8-13 / 17-12.
Incidencias: Escaso público, con preto de tres decenas de afecionados na tarde de domingo do Día do Pai.

Completo partido e merecida victoria dun CB.Caselas con oito xogadores dispoñibles, logo das baixas de Iago, Sergio, Charli e Xur (estos dous últimos nos deixaban practicamente sen bases). Logo dun mal inicio, con 0-9 nos primeiros minutos, os de Adrián Salgado cambiaron a actitude e chegaron as primeiras ventaxas: 16-12 no primeiro cuarto e 34-22 ao descanso.  Os de Salceda traballaban ben atrás e estaban acertados no lanzamento triple. No terceiro cuarto, o veterano Rodaballo estivo máis centrado e recortou perigosamente a diferenza. No tramo final, cando os vigueses máis apretaban, o Caselas xogou con cabeza, sen egoismos e cun equipo moi unido. E o público recoñeceuno cunha ovación final.
O vindeiro fin de semana haberá descanso en toda a competición. Aproveitaremos para xogar o partido que tiñamos aprazado da xornada 17 na cancha do Vigo 90s. 

CATEGORÍAS BASE:
Destacar a gran victoria do Premini "A" por 18-43 na difícil cancha de Maristas perante Novobasket Vigo Victoria que vale un cuarto posto e con elo a clasificación para a fase polo título.
Tamén alegría dun Cadete Feminino á alza, que gañou a Baiona por 55-31.
O Infantil Mixto perdía nun competido choque perante o CB.Andersen por 37-49. O Premini "B" nunca tivo opción perante o líder da liga, o Colexio Mariano.


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS
Lunes, 13 de marzo de 2017
CASELAS (64): Toni 6, Hedber 12, Xur 6, Manu 5, Rober 2. QUINTETO. Carlos Vicente 14, Jito 9, Santi 10.
Parciais: 13-16 / 25-22 / 13-18 / 18-8.
Incidencias: O partido xogouse na tarde de domingo na cancha do Colexio Salesianos de Vigo.

Gran partido do CB.Caselas que rematou -unha vez máis- sen a recompensa. Os de Adrián viaxaron con 4 baixas e afrontaron o tramo final con só cinco xogadores, pola eliminación por faltas de Santi, Xur e Hedber. E iso, xunto ao cansanzo, pagouse, pese ao enorme esforzo de todos. Aínda así, no último cuarto chegamos a ter 8 puntos de ventaxa e -curiosamente- acabamos con 64, a máxima anotación da temporada.
Próxima xornada nos visita o penúltimo clasificado, o Rodaballo de Vigo. Sen dúbida, o teu apoio será fundamental. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Victorias para dous equipos que atravesan un bó momento: o Mini e o Cadete Feminino. E os máis peques do basket salcedense que perderon, pero deixando moi boas sensacións.
Cadete Fem: CASELAS 54 APÓSTOL 23
Mini Mixto: DIVINO SALVADOR CORUXO 36 CASELAS 52
Premini B: CASELAS B 22 DEFENSORES MORRAZO 55


Publicado por cbcaselas @ 14:36  | CRONICAS
Martes, 07 de marzo de 2017

CASELAS (45): Santi 14, Xur 2, Carlos Vicente 3, Lucas 8, Manu 2. QUINTETO. Hedber 16, Iago, Toni, Jito, Rober.

Parciais: 6-10 / 16-15 / 11-11 / 12-11.
Incidencias: Oito decenas de ruidosos e animosos espectadores no Pavillón de Salceda.

Dito literarlmente; máis que o Caselas perdeu este partido, non o quixo gañar; e iso que actitude e gañas non lle faltaron aos xogadores de Adrián Salgado, que non se rendiron ata o segundo final, cando Manu sobre a bocina lanzou unha tripla desesperada que de entrar, cambiaría totalmente o panorama. Claro, que a tarefa se complica cando se erran tantos tiros de dous, de tres e tiros libres, como lle sucedeu aos nosos.
Toca seguir traballando. Temos que entrenar e alí dar o mellor. Próxima xornada vamos a Salesianos Vigo. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Gran partido Premini entre o Caselas A de Manolo e o Caselas B de Martín que rematou coa victoria dos primeiros por 71-42. Os do A son rapaces de segundo ano (2007), fronte aos do B con moitos de 2008 e incluso varios Baby. E esa diferenza física quedou plasmada sobre a cancha, a pesar do gran desparpaxo mostrado polos máis pequenos. O partido foi entretido e con moita deportividade entre os rapaces que se coñecen ben. Destacar a gran presenza de público, sempre animando e implicados cos seus. A modo de anécdota, aquí tedes os anotadores e protagonistas:
Caselas "A" (71): Dani 2, Guille 16, Ana 4, Julián 17, Iván 12, Samu 4, Gabriel 8, Miguel 2, Brais 6.
Caselas "B" (42): Sergio 2, Marcos 2, Izan 6, Paula 2, Alexandre 2, Alex 26, Ares, Brais 2, Carina.
No resto da xornada, derrota cruel do Mini perante Ponteareas 37-38 e clara do Infantil perante Seis do Nadal 10-61.


Publicado por cbcaselas @ 18:59  | CRONICAS
Mi?rcoles, 01 de marzo de 2017

Tardes de sábado e domingo a tope de basquet no Pavillón de Salceda. Todos os equipos xogan na casa. O partido estrela será o que disputen os nosos Premini "A" vs "B" na tarde de domingo, cuns peques que seguro derrocharán enerxía e ilusión. A continuación, o Senior queimando os últimos cartuchos por non descender. O Cadete Feminino iniciaba a segunda fase polos postos 9º a 14º, pero aprazou o seu partido perante Porriño ao marchar gran parte das nosas rapazas de viaxe escolar a Andorra; que o pasedes moi ben!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. CASELAS - REDONDELA Pavillón de Salceda Domingo 5 // 7 da tarde
Cadete Fem. CASELAS - PORRIÑO "B" -APRAZADO- ------
Infantil Mixto CASELAS - SEIS NADAL COIA Pavillón de Salceda Sábado 4 // 6 da tarde
Mini Mixto CASELAS - PONTEAREAS Pavillón de Salceda Sábado 4 // 4 da tarde
Premini "A"/"B" CASELAS "A"- CASELAS "B" Pavillón de Salceda Domingo 5 // 5 da tarde

Publicado por cbcaselas @ 19:37