S?bado, 25 de febrero de 2017

Reproducimos un artigo extraído da rede dun pai que sabe valorar o deporte en xeral e o basket en particular. Reflexionade. Qué barato para tanto que nos ofrece!!!!

UN AMIGO ME PREGUNTÓ..
-¿Porque gastar tanto dinero y tiempo para que tu hijo entrene y juegue Basket?-

RESPUESTA:
Bueno, tengo una confesión que hacer, yo no pago porque mi hijo entrene y juegue Basket... ¿Sabes Que estoy pagando?
- Pago para que mi hijo aprenda a ser disciplinado.
- Pago para que mi hijo aprenda a cuidar su cuerpo y su mente.
- Pago para que mi hijo aprenda a trabajar con los demás y sea buen compañero de equipo.
- Pago para que mi hijo aprenda a lidiar con la decepción cuando no obtiene lo que esperaba, pero sabe que hay que trabajar más duro.
- Pago para que mi hijo aprenda a alcanzar sus objetivos.
- Pago para que mi hijo entienda que toma horas y horas de trabajo duro y entrenamiento obtener un campeonato,y que el éxito no ocurre de la noche a la mañana.
- Pago por la oportunidad que tendrá mi hijo de hacer amistades para toda la vida.
- Pago para que mi hijo este sobre el campo de juego y no frente al televisor.
- Pago por esos momentos en que mi hijo vuelve tan cansado que solo quiere llegar a descansar y no piensa ni tiene tiempo de andar de vago o en cosas malas.
- Pago por todas las enseñanzas que este bello deporte le da: "responsabilidad, humildad, entrega, amistad, convivencia, etc, etc.".
Podría seguir,pero para ser breve;
- No pago por el Basket.
- Pago por las oportunidades que le ofrece este deporte a mi hijo de desarrollar atributos y habilidades que le serán muy útiles a lo largo de su vida y darle la oportunidad de valorar la vida.

POR LO QUE HE VISTO HASTA HOY...CREO QUE ES MI MEJOR INVERSION".

Así que a jugar se ha dicho ???

!!!! ES UNA UNIVERSIDAD DE LA VIDA !


Publicado por cbcaselas @ 13:08  | FORMACION
Mi?rcoles, 22 de febrero de 2017

Dous partidos para este fin de semana de Entroido, onde se paralizan case todas as ligas. O Infantil xoga en Vigo o venres. O Premini "A" xogará o partido pendente en Salceda co Airexa Nigrán. Invitámosvos a desfrutar dos nosos peques e do Entroido de Salceda, un dos máis populares e ancestrais da provincia.
Infantil Mixto : BASKETGAL - CASELAS
Venres 24 // 8 da tarde // Colexio S.José La Guía (Vigo).
Premini "A": CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Sábado 25 // 4 da tarde // Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 16:52
Domingo, 19 de febrero de 2017
CB.CASELAS (47): Xur 5, Manu 3, Toni 2, Santi 12, Carlos Vicente 3. QUINTETO. Hedber 11, Iago 4, Jito 5 e Rober 2.
Parciais: 17-15 / 6-12 / 11-16 / 13-15.
Incidencias: Sobre catro decenas de persoas no Pavillón de Salceda.

Volveu a competir ben o CB.Caselas pero volveu a escaparse o triunfo. Os de Adrián traballaron moi ben atrás, pero estiveron fallóns en ataque, cunha moi baixa porcentaxe no triple e lanzamentos precipitados. Os xóvenes xogadores de Coia tomaron o mando no segundo cuarto, acadando curtas ventaxas que non poidemos remontar. O esforzo final dos nosos non tivo premio e saldouse con varios xogadores tocados.
No vindeiro fin de semana de Entroido, párase a competición.

CATEGORÍAS BASE:
Competimos en varios partidos, pero non poidemos gañar.
Cadete Fem: Caselas 24 RC.Celta 62
Infantil Mx: Novobasket Vigo 70 Caselas 20
Mini Mx: García Barbón 66 Caselas 46
Premini A: Defensores Morrazo 47 Caselas 39
Premini B: Caselas 38 Tui B 54 


Publicado por cbcaselas @ 22:58  | CRONICAS
Lunes, 13 de febrero de 2017
CB.CASELAS (56): Xur 13, Manu 7, Toni 5, Santi 15, Rober. QUINTETO. Carlos Vicente 9, Lucas 6, Hedber 1, Jito 2, Iago e Sergio.
Parciais: 18-14 / 15-24 / 12-15 / 11-16.
Incidencias: Preto de medio centenar de persoas no Pavillón de Salceda.

Os animosos afecionados que se achegaron ao pavillón non poideron ver unha victoria, pero sí disfrutaron dun bó partido de baloncesto. Os errores no tiro libre -aspecto a mellorar- e no tiro exterior acabaron por pagarse, e máis perante un equipo vigués terceiro clasificado e cun bó plantel. Pero os de Adrián Salgado, pese a ir a remolque na segunda metade, mostraron boa actitude e non entregaron o partido ata o minuto final.
O vindeiro fin de semana voltamos a xogar en Salceda. Recibimos ao Seis do Nadal Coia. Facemos un chamamento a afeción para apoiar ao equipo. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
Excelentes victorias para o Cadete Feminino e Mini Mixto. As cadetes venceron en Baiona por 34-70 con anotación para todas as rapazas. Os minis gañaron en Salceda a Compañía de María 72-34 no inicio da segunda fase de liga.
Os máis peques do Premini "B" non gañaron, pero deron unha gran imaxe en Maristas Vigo contra Novobasket (66-33). O Infantil perdeu en Salceda de xeito claro con Baiona.
Na imaxe, as rapazas cadetes, que están a facer un traballo moi digno.
 


Publicado por cbcaselas @ 22:09  | CRONICAS
Lunes, 06 de febrero de 2017
CB.CASELAS (44)
Parciais
Incidencias: Noite de sábado no pavillón do Colexio de Panxón.

Saiulle caro o desprazamento a Nigrán ao noso equipo. Tarde-noite de sábado de intensa chuvia; un rival duro que non deixaba xogar con comodidade e a importante lesión do base Carlos Núñez "Charli" no minuto 2 do terceiro periodo con rotura do radio da man ezquerda. Ao marxe, os nosos non xogaron un bó partido e, con todo, foron amplamente superados nun encontro para pasar páxina por todo o acontecido.
Próxima semana nos visita en Salceda o Rías Baixas Verde. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
Só xogaron os equipos de minibasquet con estes resultados:
MINI: García Barbón 37 Caselas 43
PREMINI "A": Ponteareas 25 Caselas 32  e  Colexio Mariano 30 Caselas 22
PREMINI "B": Caselas 7 Ponteareas 58 


Publicado por cbcaselas @ 22:54  | CRONICAS
Domingo, 05 de febrero de 2017

No partido do noso equipo Senior este pasado sábado en Nigrán, o noso querido xogador Carlos Núñez "Charli" sufriu unha lesión con pequena rotura de radio na súa muñeca ezquerda. Cando o xogador entraba a canasta, un rival desprazouno e na súa caída apoiou mal a súa man producíndose o accidente. Charli, xogador de Salceda que estivo na nosa canteira entre outros, foi atendido nun hospital de Vigo. Dende estas liñas desexámoslle que esté moi pronto con nós na pista, así como agradecerlle a súa entrega e compromiso co equipo.
 


Publicado por cbcaselas @ 23:41
Mi?rcoles, 01 de febrero de 2017