Domingo, 19 de febrero de 2017
CB.CASELAS (47): Xur 5, Manu 3, Toni 2, Santi 12, Carlos Vicente 3. QUINTETO. Hedber 11, Iago 4, Jito 5 e Rober 2.
Parciais: 17-15 / 6-12 / 11-16 / 13-15.
Incidencias: Sobre catro decenas de persoas no Pavillón de Salceda.

Volveu a competir ben o CB.Caselas pero volveu a escaparse o triunfo. Os de Adrián traballaron moi ben atrás, pero estiveron fallóns en ataque, cunha moi baixa porcentaxe no triple e lanzamentos precipitados. Os xóvenes xogadores de Coia tomaron o mando no segundo cuarto, acadando curtas ventaxas que non poidemos remontar. O esforzo final dos nosos non tivo premio e saldouse con varios xogadores tocados.
No vindeiro fin de semana de Entroido, párase a competición.

CATEGORÍAS BASE:
Competimos en varios partidos, pero non poidemos gañar.
Cadete Fem: Caselas 24 RC.Celta 62
Infantil Mx: Novobasket Vigo 70 Caselas 20
Mini Mx: García Barbón 66 Caselas 46
Premini A: Defensores Morrazo 47 Caselas 39
Premini B: Caselas 38 Tui B 54 


Publicado por cbcaselas @ 22:58  | CRONICAS