Lunes, 13 de febrero de 2017
CB.CASELAS (56): Xur 13, Manu 7, Toni 5, Santi 15, Rober. QUINTETO. Carlos Vicente 9, Lucas 6, Hedber 1, Jito 2, Iago e Sergio.
Parciais: 18-14 / 15-24 / 12-15 / 11-16.
Incidencias: Preto de medio centenar de persoas no Pavillón de Salceda.

Os animosos afecionados que se achegaron ao pavillón non poideron ver unha victoria, pero sí disfrutaron dun bó partido de baloncesto. Os errores no tiro libre -aspecto a mellorar- e no tiro exterior acabaron por pagarse, e máis perante un equipo vigués terceiro clasificado e cun bó plantel. Pero os de Adrián Salgado, pese a ir a remolque na segunda metade, mostraron boa actitude e non entregaron o partido ata o minuto final.
O vindeiro fin de semana voltamos a xogar en Salceda. Recibimos ao Seis do Nadal Coia. Facemos un chamamento a afeción para apoiar ao equipo. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
Excelentes victorias para o Cadete Feminino e Mini Mixto. As cadetes venceron en Baiona por 34-70 con anotación para todas as rapazas. Os minis gañaron en Salceda a Compañía de María 72-34 no inicio da segunda fase de liga.
Os máis peques do Premini "B" non gañaron, pero deron unha gran imaxe en Maristas Vigo contra Novobasket (66-33). O Infantil perdeu en Salceda de xeito claro con Baiona.
Na imaxe, as rapazas cadetes, que están a facer un traballo moi digno.
 


Publicado por cbcaselas @ 22:09  | CRONICAS