Lunes, 30 de enero de 2017
CB.CASELAS (60): Santi 7, Toni 5, Xur 13, Carlos Vicente 6, Lucas 4. QUINTETO. Hedber 6, Carlos Núñez 8, Sergio 6, Iago 2, Rober 3, Jito.
Parciais: 21-12 / 11-11 / 16-14 / 12-14.
Incidencias: Sobre medio centenar de persoas no Pavillón de Salceda, que foron chegando co partido comezado. O público, aínda que pouco, estivo volcado co Caselas todo o tempo, aspecto moi de agradecer.

Fíxose de rogar, pero por fin caiu a primeira victoria da temporada na casa. Os rapaces de Adrián Salgado mostraron unha actitude diferente e saíron decididos a levarse a victoria: 32-23 ao descanso e moi boas sensancións. A segunda parte foi máis igualada. Os de Salceda suplían a relativa falta de acerto con defensa e rebote, e as diferencias mantivéronse sobre os dez puntos. Nos derradeiros minutos os vigueses presionaron e recortaron a seis puntos (57-51), pero o Caselas voltou a apretar para levarse un merecido triunfo. Destacar a implicación e traballo dos 11 xogadores. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
Pese a derrota perante Tui en Cadete Feminino por 48-75, o Caselas xogou un partido moi decente, permitindo que as tudenses só se escapasen no periodo final. Ao marxe de aspectos a correxir, hai que felicitar as rapazas pola súa implicación e traballo. No outro partido de base, o Infantil Mixto perdeu con Nigrán por 23-57.

PREMINI "A": PONTEAREAS-CASELAS, ESTE MÉRCORES DÍA 1:
O partido Premini "A" Ponteareas-Caselas xogarase este mércores 1 de febreiro as 19:00h no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. Unha boa ocasión para animar aos peques durante a semana. Por outro lado o Premini "B" queda pendente de xogar en Salceda co Defensores do Morrazo.


Publicado por cbcaselas @ 14:50  | CRONICAS
Mi?rcoles, 25 de enero de 2017

Volta o noso equipo senior a xogar na casa logo de máis dun mes. Será o sábado as 4 da tarde perante Rías Baixas de Vigo. No descanso, partidillo para minis e preminis que se acerquen ao pavillón. Xa sabedes.....a animar ao Caselas!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. CASELAS - RÍAS BAIXAS BLANCO
Pavillón de Salceda
Sábado 28 / 16:00
Cadete Fem. CASELAS - TUI
Pavillón de Salceda
Sábado 28 / 12:00
Infantil Mixto CASELAS - NIGRÁN
Pavillón de Salceda Sábado 28 / 10:00
Mini Mixto Descansa
--------
--------
Premini "A" PONTEAREAS - CASELAS
-aprazado-
---
Premini "B" CASELAS - DEFENSORES MORRAZO
-aprazado-
---

Publicado por cbcaselas @ 17:09
Domingo, 22 de enero de 2017
CB.CASELAS (43): Santi 12, Toni 6, Xur 4, Manu 7, Lucas. QUINTETO. Hedber 2, Carlos Vicente 3, Jito 4, Sergio 4, Iago.
Parciais: 18-14 / 13-6 / 12-10 / 15-13.
Incidencias: Pavillón de Soutomaior. Non xogaron por lesión Rober e Carlos Núñez, e Sergio xogou moi tocado dun xeonllo. Desexámoslle pronta recuperación.

O equipo de Salceda perdeu unha nova ocasión de gañar un partido dos considerados "da nosa liga". A falta de acerto anotador trae marcadores moi curtos, de apenas 50 puntos, e así é case imposible gañar. Voltamos a xogar no Pavillón de Salceda o vindeiro fin de semana recibindo ao Rías Baixas Blanco. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
Dúas victorias e dúas derrotas. Gañaron os Premini "B" e "A". Os máis peques de Martín Kuper remontaron no periodo final o partido e lograron unha gran victoria: Airexa Nigrán 38 Caselas "B" 46. No caso dos de Manolo, gran partido e gran acerto anotador dos rapaces, que gañaron a Tui "B" por 72-21.
Perderon o Cadete Feminino, con moitas baixas co Colexio Mariano 77-22, e o Mini con Basketgal por 26-70.


Publicado por cbcaselas @ 23:36  | CRONICAS
Lunes, 16 de enero de 2017
CB.CASELAS (50): Santi 9, Carlos Vicente 6, Xur 9, Sergio 6, Toni 0. QUINTETO. Hedber 7, Manu 3, Lucas 2, Iago 5, Jito 3.
Parciais: 21-22 / 18-13 / 21-3 / 19-12.
Incidencias: Pavillón do Complexo Deportivo URECA, en Nigrán.

Durísimo fin da primeira volta de liga. Se no derradeiro partido do ano 2016 perdiamos co líder en Salceda, neste primeiro partido do 2017 faciamos o mesmo perante o novo líder, o URECA, un equipo de altura e experiencia hoxe en día superiores a nós.
Aguantamos moi ben a primeira metade: 39-35, xogando de tú a tú aos locais. Na segunda metade, os locais mantiveron a regularidade e os de Adrián baixaron os brazos, sobre todo no terceiro cuarto.
A vindeira semana comezamos a segunda volta da 3ªDivisión visitando ao Arcade. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
A nosa base "vaciouse" en cada un dos partidos que xogaron. Os resultados non acompañaron, pero a melloría está ahí.
Estes foron os resultados:
Cadete Fem: CASELAS 60 SAUCES S.JOSÉ 44
Mini Mixto: SEIS DO NADAL "B" 60 CASELAS 50
Premini "A": CASELAS 42 NOVOBASKET VIGO 58
Premini "B": COLEXIO MARIANO 58 CASELAS 8
TEDES IMAXES DO ACONTECIDO NO NOSO FACEBOOK. VISITÁDEO E......ME GUSTA!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:47  | CRONICAS
S?bado, 07 de enero de 2017

Moi bo papel do Caselas EDM Premini A no Torneo de Marín este sábado 7 de xaneiro.
O torneo, en formato cuadrangular, enfrentou aos de Manolo en semifinais contra Marín Peixegalego feminino con victoria sen problemas para os nosos. Na final esperaba Marín masculino (que venceu a Estudiantes Pontevedra). O encontro foi moi igualado e vistoso, onde os equipos loitaron arrincando os aplausos da bancada. Marín estivo máis ordenado e gañou por escaso marxe levándose o título. O Caselas quedou subcampión deixando boas sensacións. Agradecer ao clube local o seu trato cara nós.
Por outro lado, o noso Cadete Feminino logrou a victoria global coas veciñas lusas de Monçao en encontro amigable en Salceda que serviu de preparación para os dous equipos.
 
Arriba: Os Premini coas medallas e trofeo en Marín.
Medio: Entrega de recordos.
Abaixo: Unidos despois da final.
 
 


Publicado por cbcaselas @ 22:48  | TORNEOS E ACTOS
Jueves, 05 de enero de 2017

Non hai liga neste fin de semana, pero sí temos dous atractivos compromisos en Premini A e Cadete Feminino. Os demáis equipos non xogarán, pese que intentouse xogar -sen éxito- algún amigable.
Cadete Feminino de Xan e Adrián xogará o sábado 7 as 12:00h no Pavillón de Salceda un amigable contra Monçao Basket.
O Premini A de Manolo foi invitado este sábado 7 ao Torneo de Marín, co seguinte calendario:
10:00h. Semifinais:
Marín Peixegalego fem. - Caselas
Marín Peixegalego masc. - Estudiantes Pontevedra
11:00h. 3º e 4º Posto.
12:00h. Final.
O torneo será no Pavillón de Sequelo (Marín). Partiremos de Salceda as 8:30h.

NOTA: Os entrenos voltarán con normalidade o luns 9 de xaneiro.


Publicado por cbcaselas @ 15:49
Lunes, 02 de enero de 2017

O pasado 29 de nadal, a familia do CB.Caselas xuntouse na Devesa para a tradicional merenda de nadal. Os rapaces pasaron unha gran tarde de convivencia, con sorteo de regalos e o calendario do clube para cada [email protected]
 
 
 
 
 


Publicado por cbcaselas @ 0:47  | TORNEOS E ACTOS