Lunes, 30 de enero de 2017
CB.CASELAS (60): Santi 7, Toni 5, Xur 13, Carlos Vicente 6, Lucas 4. QUINTETO. Hedber 6, Carlos Núñez 8, Sergio 6, Iago 2, Rober 3, Jito.
Parciais: 21-12 / 11-11 / 16-14 / 12-14.
Incidencias: Sobre medio centenar de persoas no Pavillón de Salceda, que foron chegando co partido comezado. O público, aínda que pouco, estivo volcado co Caselas todo o tempo, aspecto moi de agradecer.

Fíxose de rogar, pero por fin caiu a primeira victoria da temporada na casa. Os rapaces de Adrián Salgado mostraron unha actitude diferente e saíron decididos a levarse a victoria: 32-23 ao descanso e moi boas sensancións. A segunda parte foi máis igualada. Os de Salceda suplían a relativa falta de acerto con defensa e rebote, e as diferencias mantivéronse sobre os dez puntos. Nos derradeiros minutos os vigueses presionaron e recortaron a seis puntos (57-51), pero o Caselas voltou a apretar para levarse un merecido triunfo. Destacar a implicación e traballo dos 11 xogadores. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
Pese a derrota perante Tui en Cadete Feminino por 48-75, o Caselas xogou un partido moi decente, permitindo que as tudenses só se escapasen no periodo final. Ao marxe de aspectos a correxir, hai que felicitar as rapazas pola súa implicación e traballo. No outro partido de base, o Infantil Mixto perdeu con Nigrán por 23-57.

PREMINI "A": PONTEAREAS-CASELAS, ESTE MÉRCORES DÍA 1:
O partido Premini "A" Ponteareas-Caselas xogarase este mércores 1 de febreiro as 19:00h no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. Unha boa ocasión para animar aos peques durante a semana. Por outro lado o Premini "B" queda pendente de xogar en Salceda co Defensores do Morrazo.


Publicado por cbcaselas @ 14:50  | CRONICAS