Lunes, 16 de enero de 2017
CB.CASELAS (50): Santi 9, Carlos Vicente 6, Xur 9, Sergio 6, Toni 0. QUINTETO. Hedber 7, Manu 3, Lucas 2, Iago 5, Jito 3.
Parciais: 21-22 / 18-13 / 21-3 / 19-12.
Incidencias: Pavillón do Complexo Deportivo URECA, en Nigrán.

Durísimo fin da primeira volta de liga. Se no derradeiro partido do ano 2016 perdiamos co líder en Salceda, neste primeiro partido do 2017 faciamos o mesmo perante o novo líder, o URECA, un equipo de altura e experiencia hoxe en día superiores a nós.
Aguantamos moi ben a primeira metade: 39-35, xogando de tú a tú aos locais. Na segunda metade, os locais mantiveron a regularidade e os de Adrián baixaron os brazos, sobre todo no terceiro cuarto.
A vindeira semana comezamos a segunda volta da 3ªDivisión visitando ao Arcade. Arriba Caselas!!!! 

CATEGORÍAS BASE:
A nosa base "vaciouse" en cada un dos partidos que xogaron. Os resultados non acompañaron, pero a melloría está ahí.
Estes foron os resultados:
Cadete Fem: CASELAS 60 SAUCES S.JOSÉ 44
Mini Mixto: SEIS DO NADAL "B" 60 CASELAS 50
Premini "A": CASELAS 42 NOVOBASKET VIGO 58
Premini "B": COLEXIO MARIANO 58 CASELAS 8
TEDES IMAXES DO ACONTECIDO NO NOSO FACEBOOK. VISITÁDEO E......ME GUSTA!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:47  | CRONICAS