S?bado, 07 de enero de 2017

Moi bo papel do Caselas EDM Premini A no Torneo de Marín este sábado 7 de xaneiro.
O torneo, en formato cuadrangular, enfrentou aos de Manolo en semifinais contra Marín Peixegalego feminino con victoria sen problemas para os nosos. Na final esperaba Marín masculino (que venceu a Estudiantes Pontevedra). O encontro foi moi igualado e vistoso, onde os equipos loitaron arrincando os aplausos da bancada. Marín estivo máis ordenado e gañou por escaso marxe levándose o título. O Caselas quedou subcampión deixando boas sensacións. Agradecer ao clube local o seu trato cara nós.
Por outro lado, o noso Cadete Feminino logrou a victoria global coas veciñas lusas de Monçao en encontro amigable en Salceda que serviu de preparación para os dous equipos.
 
Arriba: Os Premini coas medallas e trofeo en Marín.
Medio: Entrega de recordos.
Abaixo: Unidos despois da final.
 
 


Publicado por cbcaselas @ 22:48  | TORNEOS E ACTOS