Viernes, 23 de diciembre de 2016

O CB.Caselas/EDM.Salceda Baby e Premini A acudiron este xoves 22 de nadal ao Torneo Solidario "Encesta un alimento" de Nigrán. Os dous equipos, acompañados polos seus entrenadores Martín e Manolo, deron unha gran imaxe xogando contra equipos do sur da provincia. No caso dos Baby eran os seus primeiros partidos como equipo. Destacar o bo ambiente e cordialidade, así como a gran organización do CB.Nigrán. Tedes máis fotos no noso facebook.
Nas imaxes: arriba os Baby; no medio os Premini; abaixo ambos equipos.
 
 
 


Publicado por cbcaselas @ 0:17  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 19 de diciembre de 2016
CB.CASELAS (42): Toni 8, Carlos Núñez 6, Carlos Vicente 3, Santi 2, Sergio 6. QUINTETO. Manu 9, Xur 3, Iago 3, Rober 2, Jito.
Parciais: 11-24 / 11-19 / 10-18 / 10-14.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sábado 4 da tarde. A entrada máis frouxa da temporada con algo máis de tres decenas de persoas.

O Caselas xogou por rachas perante o líder da liga, alternando momentos bos con outros de desconcerto e relaxación. Os visitantes, cun equipo moi sólido e compensado en todos os postos, tardaron cinco minutos en poñerse por riba, para ir marcando pouco a pouco diferenzas. Os de Salceda, con traballo pero pouco acerto en ataque, tiveron que renderse ante superioridade dos de Vigo.
A liga párase ata o 14 de xaneiro onde visitaremos ao segundo clasificado, o Ureca, no fin da primeira volta. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Toda a atención se centraba no miniderbi Premini entre os nosos equipos A e B, que congregou bo número de afecionados no pavillón.
O resultado final de 20-59 para os A, maiores en idade e físico, queda nun segundo plano. O máis importante foi a entrega, esforzo e compañeirismo entre os 20 pequenos, que ofreceron un precioso espectáculo. Xogaron os seguintes [email protected]:
Caselas B: Sergio, Ainhoa, Marcos, Izan, Paula, Alexandre, Edgar, Alex, Ares e Carina.
Caselas A: Diego, Dani, Guillermo, Ana, Julián, Brais, Samuel, Gabriel, Andrea, Miguel.

 


Publicado por cbcaselas @ 22:28  | CRONICAS
Mi?rcoles, 14 de diciembre de 2016

Última xornada do ano 2016 e gran derbi entre os nosos peques de Premini: Caselas "B" vs. Caselas "A" que de seguro darán o mellor de cada un. Facemos un chamamento a todos para que acudades a animar aos [email protected] Paralelamente ao mesmo tempo, xogará o Mini.
Polo demáis, doble xornada para o Infantil Mixto e viaxe a Nigrán para as Cadetes. O Senior ten un dificilísimo compromiso co líder da liga, o Puerto de Vigo, que nos visita o sábado as 4 no pavillón. ARRIBA CASELAS!!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. CASELAS - PUERTO DE VIGO Pavillón de Salceda Sábado 17 / 16:00
Cadete Fem. AIREXA NIGRÁN - CASELAS Colexio de Panxón Domingo 18 / 18:00
Infantil Mixto CASELAS - BASKETGAL
SEIS NADAL COIA - CASELAS
Pavillón de Salceda
Colexio Seis Nadal -Coia
Sábado 17 / 12:00
Domingo 18 / 12:00
Mini Mixto CASELAS - APÓSTOL VIGO Pavillón de Salceda Sábado 17 / 10:00
Premini "A"e "B" CASELAS "B" - CASELAS "A" Pavillón de Salceda Sábado 17 / 10:00

Publicado por cbcaselas @ 21:58
Domingo, 11 de diciembre de 2016
CB.CASELAS (44): Toni 8, Hedber 1, Carlos Núñez 4, Xur 3, Sergio 8. QUINTETO. Santi 3, Carlos Vicente 10, Manu 3, Jito 1, Rober 3, Iago.
Parciais: 14-4 / 14-9 / 16-20 / 17-11.
Incidencias: Pavillón de Balaídos en Vigo.

Importante derrota do Caselas perante un rival directo por evitar o descenso, que se presentaba con igual balance ca nós: unha soa victoria. A primeira metade foi para esquecer -tan só metemos 13 puntos- e iso nunha categoría como esta se paga. Na segunda metade melloramos e nos puxemos a 6 puntos no periodo final, pero o equipo segue a manter unha liña moi irregular e nos costa meternos no xogo.
Tocan agora os dous primeiros clasificados. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Perderon os cinco equipos da base nun fin de semana para esquecer. Varios dos rivais ocupaban o primeiro posto e non nos deron opción.


Publicado por cbcaselas @ 22:46  | CRONICAS
Martes, 06 de diciembre de 2016

No facebook do clube (situado no menú principal desta web á ezquerda), tedes un espectacular álbum de fotos e o vídeo "mannequin challengue" da presentación. Gran traballo voluntario de Iago, o fotógrafo, e de Fredi, o secretario do clube. Disfrutádeo e pasádeo!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:55
Domingo, 04 de diciembre de 2016


No único partido de liga deste finde, o noso equipo Premini B entrenado por Martín Kuper sumou a primeira victoria da temporada ao vencer a Airexa Nigrán por 56-52, nun emocionantísimo encontro dos que fan afeción. Os nosos -que dominaron sempre- complicáronse ao final, pero souberon reaccionar moi ben para levarse unha victoria moral. Na imaxe de arriba a ledicia do equipo. Grandes peques!!!
Tamén houbo protagonismo para o Premini A entrenado por Manolo, que na tarde de domingo cruzaron a fronteira para asistir ao Torneo Minibasket de Monçao, invitados polos nosos amigos veciños. Boa experiencia enfrontándose a Valença, Lanheses, Limiense e Monçao.


Publicado por cbcaselas @ 22:41