Lunes, 19 de diciembre de 2016
CB.CASELAS (42): Toni 8, Carlos Núñez 6, Carlos Vicente 3, Santi 2, Sergio 6. QUINTETO. Manu 9, Xur 3, Iago 3, Rober 2, Jito.
Parciais: 11-24 / 11-19 / 10-18 / 10-14.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sábado 4 da tarde. A entrada máis frouxa da temporada con algo máis de tres decenas de persoas.

O Caselas xogou por rachas perante o líder da liga, alternando momentos bos con outros de desconcerto e relaxación. Os visitantes, cun equipo moi sólido e compensado en todos os postos, tardaron cinco minutos en poñerse por riba, para ir marcando pouco a pouco diferenzas. Os de Salceda, con traballo pero pouco acerto en ataque, tiveron que renderse ante superioridade dos de Vigo.
A liga párase ata o 14 de xaneiro onde visitaremos ao segundo clasificado, o Ureca, no fin da primeira volta. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Toda a atención se centraba no miniderbi Premini entre os nosos equipos A e B, que congregou bo número de afecionados no pavillón.
O resultado final de 20-59 para os A, maiores en idade e físico, queda nun segundo plano. O máis importante foi a entrega, esforzo e compañeirismo entre os 20 pequenos, que ofreceron un precioso espectáculo. Xogaron os seguintes [email protected]:
Caselas B: Sergio, Ainhoa, Marcos, Izan, Paula, Alexandre, Edgar, Alex, Ares e Carina.
Caselas A: Diego, Dani, Guillermo, Ana, Julián, Brais, Samuel, Gabriel, Andrea, Miguel.

 


Publicado por cbcaselas @ 22:28  | CRONICAS