Mi?rcoles, 30 de noviembre de 2016

Este fin de semana hai descanso en todas as ligas. Aproveitaranse para xogar partidos aprazados. Os peques irán a Festa do Mini de Monçao.
--- Premini "B": CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Sábado 3 // 12:00h. // Pavillón de Salceda.
--- Festa do Mini de Monçao (Portugal). Caselas Premini A
Domingo 4 // De 15:30 a 18:30 hora España // Pavillón de Monçao.


Publicado por cbcaselas @ 23:13
Lunes, 28 de noviembre de 2016

Periodo de cambios no CB.Caselas coa entrada da nova directiva, pero traballo e moita ilusión como sempre, como poideron comprobar as preto de 300 persoas presentes este domingo no pavillón. Os máis de 80 [email protected] do clube -presentados por Silvia e con Iago como fotógrafo- encheron de colorido a pista e arrincaban os aplausos da bancada, especialmente os máis pequenos, que practicaban salto para darlle a man aos senior. Grandes!!
Tamén houbo turno para o "mannequin challenge" (con grandes actores e actrices). Todo aderezado cun público sensacional.
Estiveron presentes as autoridades e -como non- os nosos patrocinadores, cuia aportación é indispensable para que xoguen os rapaces. E dende aquí aplaudimos a súa aposta: Hermanos Núñez Lorenzo, S.L. de Salceda, Suministros Porriño, Teimporta, Chocolates Antoxo, Norexca Excavacións e o Concello de Salceda.
No sorteo de regalos, estes foron os números premiados:
1º Xamón da Bodeguilla Z-9: 4975
2º Vale consumición 30€ Tapería A Esfarrapada: 1840
3º Cesta froita fresca Frutas Nieves: 2318
4º Sesión fisioterapia Juan M.Rodríguez: 1729
Aquí tedes unhas imaxes. Teredes máis no FACEBOOK do clube. Entrade e "me gusta".


Publicado por cbcaselas @ 22:42  | TORNEOS E ACTOS

CB.CASELAS (56): 
Lucas 6, Xur 3, Carlos Núñez 9, Hedber 11, Carlos Vicente 11, Rober, Iago 3, Toni 1, Sergio 8, Manu 2, Santi 2.
Parciais: 22-16 / 12-17 / 7-18 / 15-24.
Incidencias: Gran entrada no Pavillón de Salceda, con preto de 250 persoas neste partido xogado despois da presentación do clube. O público estivo volcado, animando ata o final. Grazas afeción!!!

Mellorou o Caselas con respeto aos últimos partidos -sobre todo en actitude- pero non bastou para derrotar a un ordenado e serio Salesianos, que foi a máis grazas ao acerto exterior e no tiro libre, e a forte defensa.  Os de Salceda comezaron moi ben dominando a primeira metade, pero sen lograr distanciarse: 34-33 ao descanso.
Na segunda metade os de Adrián Salgado baixaron o ritmo e deixaron de anotar con fluidez a medida que vigueses endurecían a súa defensa. Os tiros libres non entraban, todo o contrario de Salesianos, que conseguía as primeiras rentas importantes. Entón o equipo descentrouse para ceder ata esa diferenza final.
Agora chega un fin de semana de parón. Haberá que correxir moitas cousas, pero temos capacidade para facelo. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Moi boas victorias para Cadete Feminino e Premini A.  As cadetes estrenaron o casilleiro vencendo a Baiona por 62-32, unha victoria moi merecida que levaban tempo buscando e que premia o bó traballo das rapazas. O Premini A venceu a domicilio a Airexa Nigrán por 15-44, acadando a segunda victoria.
As derrotas da xornada foron para o Infantil, Mini e Premini B perante equipos superiores.


Publicado por cbcaselas @ 22:13  | CRONICAS
Martes, 22 de noviembre de 2016

HORARIOS CATEGORÍAS BASE:

Cadete Fem: CASELAS - BAIONA
Domingo 27 // 12:00h. // Pavillón de Salceda.

Infantil Mixto: BAIONA - CASELAS
Sábado 26 // 18:30h. // Pavillón de Baiona.

Mini Mixto: CASELAS - BAIONA
Sábado 26 // 10:00h. // Pavillón de Salceda.

Premini "A": CASELAS - COLEX.MARIANO VIGO
Xoves 24 // 18:15h. // Pavillón de Salceda.
AIREXA NIGRÁN - CASELAS
Domingo 27 // 12:00h. // Pavillón de Panxón.

Premini "B": CASELAS - NOVOBASKET VIGO
Domingo 27 // 10:00h. // Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 23:43  | TORNEOS E ACTOS
S?bado, 19 de noviembre de 2016


O pasado luns 14 de novembro de 2016 quedou constituida a nova Xunta Directiva do Club Baloncesto Caselas, onde quedou nomeado como presidente Jose Luis Suárez Souto, despois de ser a única candidatura. Substitúe no cargo a Manuel González Rodríguez, que manifestou o desexo de non continuar logo de 14 anos na presidencia. Jose Luis, máis coñecido por todos como Luis, formará equipo xunto a outras seis persoas, catro da anterior directiva e dúas novidades, o secretario Fredi e a vogal Pili.
O noso máximo apoio e desexos para eles.

Presidente: JOSE LUIS SUÁREZ SOUTO
Secretario: ALFREDO GARCÍA LAGO
Tesoureiro: LUIS GONZÁLEZ LEMOS
Vogais: ANA BELÉN DOMÍNGUEZ MARTÍNEZ
MARÍA PILAR GONZÁLEZ GONZÁLEZ
MANUEL DOMÍNGUEZ SANJUÁN
EDELMIRO GARCÍA GRILO

Publicado por cbcaselas @ 23:46  | DIRECTIVA
CB.CASELAS (41): Toni 4, Carlos Núñez 7, Carlos Vicente 10, Manu 7, Iago. QUINTETO. Xur 3, Sergio 3, Lucas 2, Santi 5, Rober.
Parciais: 8-11 / 17-4 / 10-14 / 15-12.
Incidencias: Novo pavillón de deportes de Redondela. Escasísimo público.

Partido de moitas imprecisións e erros por parte dos dous equipos, con un Caselas que non lograba meterse de cheo no xogo. Faltounos agresividade en defensa, concentración e falta de puntería. A pesares de todo, os de Adrián Salgado non permiten que o Redondela se escape no electrónico e insisten ata o final, logrando poñerse a dous puntos no último cuarto. Novamente caemos neses erros e así a remontada non é posible.
Próximo fin de semana xogamos en Salceda perante Salesianos Vigo o domingo as 7 da tarde, despois do Acto de Presentación do Clube. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Tan só xogaron os Premini B, que perderon en Ponteareas 38-6. Os peques de Martín son un equipo moi novo, con moitos xogadores aínda en idade baby. O Mini de Adrián estrenou o seu casilleiro de victorias ao gañar nun bó partido en Vigo a Compañía de María por 26-56.


Publicado por cbcaselas @ 23:27  | CRONICAS
Jueves, 17 de noviembre de 2016

https://www.facebook.com/ClubBaloncestoCaselas/

Dende martes 15 de novembro, o CB.Caselas está en FACEBOOK, un espazo pensado para promocionar o noso baloncesto e onde podedes interactuar e comentar. Podedes picar no enlace. Pasádeo.


Publicado por cbcaselas @ 23:17  | FACEBOOK CB.CASELAS
Martes, 15 de noviembre de 2016
CB.CASELAS (48): Carlos Núñez 11, Carlos Vicente 12, Hedber 5, Iago 3, Jito. QUINTETO. Xur 6, Toni 4, Lucas 2, Manu 5, Rober, Santi.
Parciais: 12-7 / 12-18 / 12-13 / 12-15.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre 75 afecionados volcados co equipo. A xogadora cadete Raquel Pereira foi a gañadora do concurso "averigua o resultado", que aínda que non acertou, foi a que máis se aproximou.

Non xogaron un mal encontro os xogadores de Adrián, pero as baixísimas porcentaxes en tiro de campo e no tiro libre, unido a despistes defensivos, foron un lastre. Os de Salceda sen embargo -empurrados de novo por un público sensacional- non entregaron nunca o partido e lograron poñerse a 2 puntos a poucos segundos do final. Pero o intento de parar o crono non deu resultado. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Primeira victoria do Premini A de Manolo no miniderbi: Caselas A 44 Ponteareas 24. Os seus compeñeiros do Premini B de Martín debutaban con derrota na difícil cancha do Morrazo en Cangas, con varios xogadores aínda en idade baby, pero con boas sensacións.
Os Mini de Adrián tamén debutaban en Salceda co Novobasket Vigo. Partido bonito e reñido que se escapou por 33-49.
Claras derrotas para o Infantil Mixto de Xan en Nigrán e Cadete Feminino en Tui.

PRESENTACIÓN DO CB.CASELAS:
O domingo 27 de novembro a partir das 5 da tarde, acto de Presentación do Club Baloncesto Caselas e Escolas Deportivas Municipais. A continuación, as 7 da tarde, partido de liga 3ªDivisión Senior CB.Caselas - Salesianos Vigo. Contamos con todos vós!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:32  | CRONICAS
Martes, 08 de noviembre de 2016
CB.CASELAS (42): Santi, Carlos Núñez 6, Toni 12, Sergio 10, Manu 1. QUINTETO. Hedber 8, Rober 3, Xur 2, Carlos Vicente, Jito, Lucas e Iago.
Parciais: 26-4 / 17-13 / 17-16 / 16-9.
Incidencias: Tarde noite de domingo no colexio Seis do Nadal de Coia. O noso entrenador Adrián non poido estar por un forte proceso gripal. Desexámoslle pronta recuperación.

O Seis do Nadal saiu de inicio cunha forte defensa presionante que sorprendeu a un Caselas sen rumbo e sen resposta perante o alto ritmo local. O marcador deste primeiro cuarto fala por si só: 22 puntos de diferenza que xa nos sentenciaban. Reaccionou timidamente o Caselas nos seguintes periodos, pero sen chegar a inquietar a un superior equipo. Temos que seguir traballando e dando o máximo. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Debutou o Premini A en Tui cun partido de infarto. Empate a 21 ao final, novo empate a 21 na primeira prórroga, e 25-21 para Tui ao final. Moitos nervios pero os rapaces dando o máximo.
En Infantil Mixto, primeiro partido para todos os [email protected] de Xan nas "canastas grandes" e derrota con Redondela 27-37. En Cadete Feminino clara derrota en Salceda contra Colexio Mariano.


Publicado por cbcaselas @ 20:13  | CRONICAS
Jueves, 03 de noviembre de 2016

Turno para o minibasquet. Despois de moitas semanas de espera para os peques, comezan as ligas de minibasquet. Este ano saldremos con 3 equipos en competición: MINI MIXTO (entrenado por Adrián), PREMINI "A" (por Manolo) e PREMINI "B" (entrenado por Martín). Nesta primeira xornada, só xogan os Premini "A", xa que o Mini descansa ao seren equipos impares, e o Premini aprazou o partido a petición do rival.
No resto da xornada, tamén xogan os nosos demáis equipos. Arriba Caselas!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. SEIS NADAL COIA- CASELAS Colexio Seis Nad -Coia Domingo 6 / 19:00
Cadete Fem. CASELAS - COLEX. MARIANO Pavillón de Salceda Sábado 5 / 18:00
Infantil Mixto CASELAS - REDONDELA Pavillón de Salceda Sábado 5 / 16:00
Mini Mixto Descansa --- ---
Premini "A" TUI "B" - CASELAS Pavillón de Tui (vello) Domingo 6 / 10:00 saída9:00
Premini "B" CASELAS - AIREXA NIGRÁN -APRAZADO- ---

Publicado por cbcaselas @ 14:35