Lunes, 28 de noviembre de 2016

Periodo de cambios no CB.Caselas coa entrada da nova directiva, pero traballo e moita ilusión como sempre, como poideron comprobar as preto de 300 persoas presentes este domingo no pavillón. Os máis de 80 [email protected] do clube -presentados por Silvia e con Iago como fotógrafo- encheron de colorido a pista e arrincaban os aplausos da bancada, especialmente os máis pequenos, que practicaban salto para darlle a man aos senior. Grandes!!
Tamén houbo turno para o "mannequin challenge" (con grandes actores e actrices). Todo aderezado cun público sensacional.
Estiveron presentes as autoridades e -como non- os nosos patrocinadores, cuia aportación é indispensable para que xoguen os rapaces. E dende aquí aplaudimos a súa aposta: Hermanos Núñez Lorenzo, S.L. de Salceda, Suministros Porriño, Teimporta, Chocolates Antoxo, Norexca Excavacións e o Concello de Salceda.
No sorteo de regalos, estes foron os números premiados:
1º Xamón da Bodeguilla Z-9: 4975
2º Vale consumición 30€ Tapería A Esfarrapada: 1840
3º Cesta froita fresca Frutas Nieves: 2318
4º Sesión fisioterapia Juan M.Rodríguez: 1729
Aquí tedes unhas imaxes. Teredes máis no FACEBOOK do clube. Entrade e "me gusta".


Publicado por cbcaselas @ 22:42  | TORNEOS E ACTOS