Lunes, 28 de noviembre de 2016

CB.CASELAS (56): 
Lucas 6, Xur 3, Carlos Núñez 9, Hedber 11, Carlos Vicente 11, Rober, Iago 3, Toni 1, Sergio 8, Manu 2, Santi 2.
Parciais: 22-16 / 12-17 / 7-18 / 15-24.
Incidencias: Gran entrada no Pavillón de Salceda, con preto de 250 persoas neste partido xogado despois da presentación do clube. O público estivo volcado, animando ata o final. Grazas afeción!!!

Mellorou o Caselas con respeto aos últimos partidos -sobre todo en actitude- pero non bastou para derrotar a un ordenado e serio Salesianos, que foi a máis grazas ao acerto exterior e no tiro libre, e a forte defensa.  Os de Salceda comezaron moi ben dominando a primeira metade, pero sen lograr distanciarse: 34-33 ao descanso.
Na segunda metade os de Adrián Salgado baixaron o ritmo e deixaron de anotar con fluidez a medida que vigueses endurecían a súa defensa. Os tiros libres non entraban, todo o contrario de Salesianos, que conseguía as primeiras rentas importantes. Entón o equipo descentrouse para ceder ata esa diferenza final.
Agora chega un fin de semana de parón. Haberá que correxir moitas cousas, pero temos capacidade para facelo. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Moi boas victorias para Cadete Feminino e Premini A.  As cadetes estrenaron o casilleiro vencendo a Baiona por 62-32, unha victoria moi merecida que levaban tempo buscando e que premia o bó traballo das rapazas. O Premini A venceu a domicilio a Airexa Nigrán por 15-44, acadando a segunda victoria.
As derrotas da xornada foron para o Infantil, Mini e Premini B perante equipos superiores.


Publicado por cbcaselas @ 22:13  | CRONICAS