S?bado, 19 de noviembre de 2016
CB.CASELAS (41): Toni 4, Carlos Núñez 7, Carlos Vicente 10, Manu 7, Iago. QUINTETO. Xur 3, Sergio 3, Lucas 2, Santi 5, Rober.
Parciais: 8-11 / 17-4 / 10-14 / 15-12.
Incidencias: Novo pavillón de deportes de Redondela. Escasísimo público.

Partido de moitas imprecisións e erros por parte dos dous equipos, con un Caselas que non lograba meterse de cheo no xogo. Faltounos agresividade en defensa, concentración e falta de puntería. A pesares de todo, os de Adrián Salgado non permiten que o Redondela se escape no electrónico e insisten ata o final, logrando poñerse a dous puntos no último cuarto. Novamente caemos neses erros e así a remontada non é posible.
Próximo fin de semana xogamos en Salceda perante Salesianos Vigo o domingo as 7 da tarde, despois do Acto de Presentación do Clube. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Tan só xogaron os Premini B, que perderon en Ponteareas 38-6. Os peques de Martín son un equipo moi novo, con moitos xogadores aínda en idade baby. O Mini de Adrián estrenou o seu casilleiro de victorias ao gañar nun bó partido en Vigo a Compañía de María por 26-56.


Publicado por cbcaselas @ 23:27  | CRONICAS