Martes, 15 de noviembre de 2016
CB.CASELAS (48): Carlos Núñez 11, Carlos Vicente 12, Hedber 5, Iago 3, Jito. QUINTETO. Xur 6, Toni 4, Lucas 2, Manu 5, Rober, Santi.
Parciais: 12-7 / 12-18 / 12-13 / 12-15.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre 75 afecionados volcados co equipo. A xogadora cadete Raquel Pereira foi a gañadora do concurso "averigua o resultado", que aínda que non acertou, foi a que máis se aproximou.

Non xogaron un mal encontro os xogadores de Adrián, pero as baixísimas porcentaxes en tiro de campo e no tiro libre, unido a despistes defensivos, foron un lastre. Os de Salceda sen embargo -empurrados de novo por un público sensacional- non entregaron nunca o partido e lograron poñerse a 2 puntos a poucos segundos do final. Pero o intento de parar o crono non deu resultado. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Primeira victoria do Premini A de Manolo no miniderbi: Caselas A 44 Ponteareas 24. Os seus compeñeiros do Premini B de Martín debutaban con derrota na difícil cancha do Morrazo en Cangas, con varios xogadores aínda en idade baby, pero con boas sensacións.
Os Mini de Adrián tamén debutaban en Salceda co Novobasket Vigo. Partido bonito e reñido que se escapou por 33-49.
Claras derrotas para o Infantil Mixto de Xan en Nigrán e Cadete Feminino en Tui.

PRESENTACIÓN DO CB.CASELAS:
O domingo 27 de novembro a partir das 5 da tarde, acto de Presentación do Club Baloncesto Caselas e Escolas Deportivas Municipais. A continuación, as 7 da tarde, partido de liga 3ªDivisión Senior CB.Caselas - Salesianos Vigo. Contamos con todos vós!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:32  | CRONICAS