Martes, 08 de noviembre de 2016
CB.CASELAS (42): Santi, Carlos Núñez 6, Toni 12, Sergio 10, Manu 1. QUINTETO. Hedber 8, Rober 3, Xur 2, Carlos Vicente, Jito, Lucas e Iago.
Parciais: 26-4 / 17-13 / 17-16 / 16-9.
Incidencias: Tarde noite de domingo no colexio Seis do Nadal de Coia. O noso entrenador Adrián non poido estar por un forte proceso gripal. Desexámoslle pronta recuperación.

O Seis do Nadal saiu de inicio cunha forte defensa presionante que sorprendeu a un Caselas sen rumbo e sen resposta perante o alto ritmo local. O marcador deste primeiro cuarto fala por si só: 22 puntos de diferenza que xa nos sentenciaban. Reaccionou timidamente o Caselas nos seguintes periodos, pero sen chegar a inquietar a un superior equipo. Temos que seguir traballando e dando o máximo. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Debutou o Premini A en Tui cun partido de infarto. Empate a 21 ao final, novo empate a 21 na primeira prórroga, e 25-21 para Tui ao final. Moitos nervios pero os rapaces dando o máximo.
En Infantil Mixto, primeiro partido para todos os [email protected] de Xan nas "canastas grandes" e derrota con Redondela 27-37. En Cadete Feminino clara derrota en Salceda contra Colexio Mariano.


Publicado por cbcaselas @ 20:13  | CRONICAS