Lunes, 31 de octubre de 2016
CB.CASELAS (36): Santi 10, Xur 4, Toni 6, Sergio 2, Manu. QUINTETO. Hedber 3, Carlos Núñez 11, Rober, Jito, Lucas.
Parciais: 21-10 / 7-6 / 10-11 / 16-9.
Incidencias: Encontro xogado o domingo as 10 da maña en Pista Vermella (Vigo).

Saiu moi relaxado en defensa o Caselas e pouco concentrado. Total que dos 40 minutos, defendemos 10, e así é moi difícil gañar partidos. Na segunda metade melloramos algo, pero non chegou. Debemos seguir traballando e dar o máximo. Arriba Caselas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 14:09  | CRONICAS
Jueves, 27 de octubre de 2016
Domingo, 23 de octubre de 2016
CB.CASELAS (44): Carlos Núñez 8, Lucas 7, Santi 8, Rober, Toni 4. QUINTETO. Xur 8, Hedber 6, Carlos Vicente 3, Manu , Jito, Sergio.
Parciais: 15-17 / 7-9 / 6-17 / 16-21.
Incidencias: Algo menos de cen ruidosos afecionados no Pavillón de Salceda.

Nunca atopou o seu sitio o Caselas na cancha perante un rival máis práctico e efectivo, que aproveitou as facilidades en defensa. Aínda así, o encontro estivo igualado ata os primeiros minutos do terceiro cuarto: 28-28. A partir de ahí, os nosos comezaron a perder balóns e a tropezar co "muro" da defensa zonal de Nigrán, propiciando desventaxas de 15 puntos que resultaron insalvables.
O vindeiro fin de semana voltaremos a Vigo a xogar co Rías Baixas Verde. Arriba Caselas!!!! 

AS CADETES.
Sauces 52 Caselas 41. Con varias baixas por lesión, tiveron a victoria nas súas mans as cadetes, pero entregaron o partido no cuarto final, tal vez polo cansanzo de varias xogadoras.


Publicado por cbcaselas @ 23:20  | CRONICAS
Lunes, 17 de octubre de 2016
CB.CASELAS (53): Carlos Núñez 5, Lucas 2, Sergio 2, Rober 2, Santi 7. QUINTETO. Hedber 11, Toni 6, Xur 8, Carlos Vicente 5, Manu 5, Jito.
Parciais: 12-15 / 17-23 / 9-5 / 7-10.
Incidencias: Pouco público no Pavillón do Berbés, con maioría de afecionados do Caselas.

Primeira victoria da temporada do CB.Caselas nun partido moi irregular, con moitos erros no lanzamento de ambos equipos e, especialmente no tiro libre por parte dos nosos. Con todo, o resultado parcial de toda a segunda metade foi dun pobre 16-15. Sen embargo, os de Adrián Salgado, suplírono cunha boa defensa e boa actitude dos xogadores, que aguantaron cando os vigueses máis apretaron nos minutos finais.
O vindeiro fin de semana recibiremos en Salceda ao Airexa Nigrán. Todos ao pavillón!!!!!

ESTRENO DAS CADETES.
As rapazas cadetes de Adrián e Xan estrenaron a competición cunha derrota no pavillón de Salceda perante Airexa Nigrán por 30-55. As nosas aguantaron ben perante un Airexa con máis físico e envergadura, que logrou esa máxima diferenza no tramo final.


Publicado por cbcaselas @ 22:37  | CRONICAS
Mi?rcoles, 12 de octubre de 2016

O Cadete Feminino do CB.Caselas/EDM.Salceda, entrenado por Adrián Salgado e Xan Otero, e patrocinado por SUMINISTROS PORRIÑO, comeza a liga de 2ªDivisión este sábado día 15 recibindo en Salceda a Airexa Nigrán. Os 14 equipos participantes forman dous grupos de 7 equipos cada un. As nosas rapazas quedaron no grupo1. Na segunda fase cruzaranse os dous grupos polos postos finais.
O Senior Masculino xoga en Vigo.  Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DATA / HORA
Senior Masc. RÍAS BAIXAS BLANCO - CASELAS Pavillón do Berbés -Vigo Sábado 15 / 16:00
Cadete Fem. CASELAS - AIREXA NIGRÁN Pavillón de Salceda Sábado 15 / 12:00 

Publicado por cbcaselas @ 23:19
Lunes, 10 de octubre de 2016


C.B.Caselas senior 2016/2017.

CB.CASELAS (47): Lucas 4, Xur 5, Carlos Núñez 8, Hedber 11, Carlos Vicente 5, Toni 2, Sergio 9, Santi 3, Iago, Rober e Manu.
Parciais: 10-11 / 13-13 / 14-27 / 10-7.
Incidencias: Más de cen persoas no Pavillón de Deportes de Salceda, con un público realmente exemplar empurrando sempre ao Caselas.
O debut dun renovado CB.Caselas non foi todo o soñado, pero a pesar do regular partido, as sensacións foron boas por momentos.
Cun equipo novo, por acoplar e con moito marxe de mellora, os de Adrián Salgado plantaron batalla a un veterano Arcade ata case o final do terceiro cuarto. Pero nese momento as triplas do número 5 visitante (6 en total) deixaron un insalvable 37-51 no electrónico. No periodo final, aínda que gañamos o parcial, non foi suficiente, xa que o partido foi de moitos erros e imprecisións, onde Arcade estivo algo máis atinado.
O vindeiro fin de semana iremos a Vigo a xogar con Rías Baixas Blanco, no que será "a repetición" da final de copa do ano pasado, pero con protagonistas diferentes. Arriba Caselas!!!! 

Publicado por cbcaselas @ 23:25  | CRONICAS
Mi?rcoles, 05 de octubre de 2016

C.B.CASELAS - C.B.ARCADE
Domingo 9 outubro // 7 da tarde // Pavillón de Deportes de Salceda.

CONCURSO PARA [email protected]: AVERIGUA O RESULTADO DO PARTIDO.
E ademáis......AMBIENTE, CANTINA E ENTRADA DE BALDE.
--------------------------------------------------------

Este será o 27º ano consecutivo que contaremos con baloncesto federado senior no pobo. O CB.Caselas, patrocinado por HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. DE SALCEDA, presenta un plantel de 12 xogadores con moitísimas caras novas e co debut no banquillo dun home de confianza da casa como Adrián Salgado, que cambia o seu posto de xogador polo de entrenador, substituíndo a Carlos Kustrin, ao cal lle agradecemos a súa dedicación.
Continúan da temporada pasada Hedber Otero, Jorge González "Jito", Manu López, Carlos Vicente e o capitán Roberto Alvarez.
Son altas Sergio Alonso (xogador de Salceda que ven do Tui junior), Jorge Jorreto "Xur", Iago Villar, Santi Pazo (os tres ex-xogadores do Tui), Carlos Núñez, Lucas Caruncho (ambos ex-xogadores do Caselas que voltan) e Antonio Machado "Toni" (do Ponteareas).
Destacar as baixas por diversos compromisos de varios homes importantes, algúns que levaban moitos anos no equipo. O noso recoñecemento por ese longo tempo de traballo no clube.
O equipo está a traballar moi ben no pavillón de Entenza, lugar provisional de entrenos mentres non rematen as obras en Salceda.

CB.CASELAS SENIOR MASCULINO
Patrocinado por Hermanos Núñez Lorenzo,S.L. 
Hedber Otero 28 1,94
Sergio Alonso 18 1,92
Carlos Vicente 45 1,82
Roberto Alvarez "Rober" 26 1,85
Jorge Jorreto "Xur" 24 1,75
Jorge González "Jito" 28 1,76
Antonio Machado "Toni" 31 1,92
Iago Villar 29 1,85
Lucas Caruncho 23 1,78
Carlos Núñez 26 1,80
Manu López 24 1,85
Santiago Pazo "Santi" 25 1,95
ENTRENADOR: Adrián Salgado 29 ......

Publicado por cbcaselas @ 23:51
Domingo, 02 de octubre de 2016

O Caselas senior masculino xa coñece o calendario de liga de 3ª División Autonómica, que comeza o vindeiro 8-9 de outubro.
Os de Salceda debutarán perante a súa afeción co Arcade. Sete días despois, irán a Vigo onde se verán as caras co equipo ao que lle gañamos a final de Copa hai uns meses: o Rías Baixas Blanco. E na terceira xornada visita Salceda o Airexa Nigrán. Tedes o calendario completo no menú principal na sección de "competición".
A liga, de 12 equipos, xógase todos contra todos a doble volta. Xogarán a fase de ascenso a 2ª Autonómica o campión e subcampión. Descenderán directamente a 3ªB Autonómica o penúltimo e último clasificado.
En canto o plantel, este ano haberá moitísimas novidades, xa que varios xogadores tiveron que macharse. Empezando polo debut no banquillo de Adrián Salgado. Nestes días vos comentaremos como queda o equipo.
Un tema que preocupa, son as obras no cambio da cuberta do Pavillón de Salceda. A directiva está a intentar que se xogue ahí o partido.


Publicado por cbcaselas @ 21:18