Lunes, 17 de octubre de 2016
CB.CASELAS (53): Carlos Núñez 5, Lucas 2, Sergio 2, Rober 2, Santi 7. QUINTETO. Hedber 11, Toni 6, Xur 8, Carlos Vicente 5, Manu 5, Jito.
Parciais: 12-15 / 17-23 / 9-5 / 7-10.
Incidencias: Pouco público no Pavillón do Berbés, con maioría de afecionados do Caselas.

Primeira victoria da temporada do CB.Caselas nun partido moi irregular, con moitos erros no lanzamento de ambos equipos e, especialmente no tiro libre por parte dos nosos. Con todo, o resultado parcial de toda a segunda metade foi dun pobre 16-15. Sen embargo, os de Adrián Salgado, suplírono cunha boa defensa e boa actitude dos xogadores, que aguantaron cando os vigueses máis apretaron nos minutos finais.
O vindeiro fin de semana recibiremos en Salceda ao Airexa Nigrán. Todos ao pavillón!!!!!

ESTRENO DAS CADETES.
As rapazas cadetes de Adrián e Xan estrenaron a competición cunha derrota no pavillón de Salceda perante Airexa Nigrán por 30-55. As nosas aguantaron ben perante un Airexa con máis físico e envergadura, que logrou esa máxima diferenza no tramo final.


Publicado por cbcaselas @ 22:37  | CRONICAS