Lunes, 10 de octubre de 2016


C.B.Caselas senior 2016/2017.

CB.CASELAS (47): Lucas 4, Xur 5, Carlos Núñez 8, Hedber 11, Carlos Vicente 5, Toni 2, Sergio 9, Santi 3, Iago, Rober e Manu.
Parciais: 10-11 / 13-13 / 14-27 / 10-7.
Incidencias: Más de cen persoas no Pavillón de Deportes de Salceda, con un público realmente exemplar empurrando sempre ao Caselas.
O debut dun renovado CB.Caselas non foi todo o soñado, pero a pesar do regular partido, as sensacións foron boas por momentos.
Cun equipo novo, por acoplar e con moito marxe de mellora, os de Adrián Salgado plantaron batalla a un veterano Arcade ata case o final do terceiro cuarto. Pero nese momento as triplas do número 5 visitante (6 en total) deixaron un insalvable 37-51 no electrónico. No periodo final, aínda que gañamos o parcial, non foi suficiente, xa que o partido foi de moitos erros e imprecisións, onde Arcade estivo algo máis atinado.
O vindeiro fin de semana iremos a Vigo a xogar con Rías Baixas Blanco, no que será "a repetición" da final de copa do ano pasado, pero con protagonistas diferentes. Arriba Caselas!!!! 

Publicado por cbcaselas @ 23:25  | CRONICAS