Mi?rcoles, 05 de octubre de 2016

C.B.CASELAS - C.B.ARCADE
Domingo 9 outubro // 7 da tarde // Pavillón de Deportes de Salceda.

CONCURSO PARA [email protected]: AVERIGUA O RESULTADO DO PARTIDO.
E ademáis......AMBIENTE, CANTINA E ENTRADA DE BALDE.
--------------------------------------------------------

Este será o 27º ano consecutivo que contaremos con baloncesto federado senior no pobo. O CB.Caselas, patrocinado por HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. DE SALCEDA, presenta un plantel de 12 xogadores con moitísimas caras novas e co debut no banquillo dun home de confianza da casa como Adrián Salgado, que cambia o seu posto de xogador polo de entrenador, substituíndo a Carlos Kustrin, ao cal lle agradecemos a súa dedicación.
Continúan da temporada pasada Hedber Otero, Jorge González "Jito", Manu López, Carlos Vicente e o capitán Roberto Alvarez.
Son altas Sergio Alonso (xogador de Salceda que ven do Tui junior), Jorge Jorreto "Xur", Iago Villar, Santi Pazo (os tres ex-xogadores do Tui), Carlos Núñez, Lucas Caruncho (ambos ex-xogadores do Caselas que voltan) e Antonio Machado "Toni" (do Ponteareas).
Destacar as baixas por diversos compromisos de varios homes importantes, algúns que levaban moitos anos no equipo. O noso recoñecemento por ese longo tempo de traballo no clube.
O equipo está a traballar moi ben no pavillón de Entenza, lugar provisional de entrenos mentres non rematen as obras en Salceda.

CB.CASELAS SENIOR MASCULINO
Patrocinado por Hermanos Núñez Lorenzo,S.L. 
Hedber Otero 28 1,94
Sergio Alonso 18 1,92
Carlos Vicente 45 1,82
Roberto Alvarez "Rober" 26 1,85
Jorge Jorreto "Xur" 24 1,75
Jorge González "Jito" 28 1,76
Antonio Machado "Toni" 31 1,92
Iago Villar 29 1,85
Lucas Caruncho 23 1,78
Carlos Núñez 26 1,80
Manu López 24 1,85
Santiago Pazo "Santi" 25 1,95
ENTRENADOR: Adrián Salgado 29 ......

Publicado por cbcaselas @ 23:51