Domingo, 02 de octubre de 2016

O Caselas senior masculino xa coñece o calendario de liga de 3ª División Autonómica, que comeza o vindeiro 8-9 de outubro.
Os de Salceda debutarán perante a súa afeción co Arcade. Sete días despois, irán a Vigo onde se verán as caras co equipo ao que lle gañamos a final de Copa hai uns meses: o Rías Baixas Blanco. E na terceira xornada visita Salceda o Airexa Nigrán. Tedes o calendario completo no menú principal na sección de "competición".
A liga, de 12 equipos, xógase todos contra todos a doble volta. Xogarán a fase de ascenso a 2ª Autonómica o campión e subcampión. Descenderán directamente a 3ªB Autonómica o penúltimo e último clasificado.
En canto o plantel, este ano haberá moitísimas novidades, xa que varios xogadores tiveron que macharse. Empezando polo debut no banquillo de Adrián Salgado. Nestes días vos comentaremos como queda o equipo.
Un tema que preocupa, son as obras no cambio da cuberta do Pavillón de Salceda. A directiva está a intentar que se xogue ahí o partido.


Publicado por cbcaselas @ 21:18