Viernes, 19 de agosto de 2016

Adrián Salgado (na imaxe recibindo a medalla de campión de copa como xogador) é o novo entrenador do primeiro equipo do CB.Caselas, que un ano máis participará na 3ªDivisión Autonómica. Substitúe no cargo a Carlos Kustrin, o cal o clube lle agradece a súa adicación e compromiso co clube nestes últimos anos. Con 29 anos, Adrián ven de sacar o título de entrenador de primeiro nivel en Santiago e afrontará a súa primeira experiencia dirixindo a un senior do que foi xogador a temporada pasada, acadando o título de Copa Primavera, e que coñece a perfección. Adrián, ten e terá o apoio total da directiva, que se mostra satisfeita de confiar "nunha persoa da casa". Agora o seguinte paso, sera confeccionar a plantilla, onde xa hai bastantes xogadores que continuarán, pero que haberá que reforzar, pois tamén hai baixas significativas.
Adrián tamén seguirá sendo o Coordinador Deportivo e entrenador do Cadete Feminino e Alevín Mixto. Moita sorte!!

INICIO DA PRETEMPORADA
Moi pronto comezarán os entrenos para os distintos equipos. Estamos preparando as datas, horarios e entrenadores para os equipos de base. Algúns dos equipos podían retrasarse un pouco debido as obras no pavillón de Salceda no arranxo da cuberta (polos problemas de goteiras). Os días serán os habituais: luns e xoves. Como novidade, conseguimos a máis o mércores de 16:30 a 18:00 para todo o minibasket. Tamén disporemos do pavillón de Parderrubias os venres a tarde.
Anunciaremos na web as datas e horarios.

XOGADORES PARA OS EQUIPOS
Os nenos (ata categoría Infantil) e nenas (ata Cadete) interesados en xogar a baloncesto, poden anotarse na oficina municipal de deportes no pavillón (tfno.986.349513) ou simplemente presentarse durante os entrenos.
Tamén necesitamos xogadores Senior con experiencia.


Publicado por cbcaselas @ 14:18

Os nosos amigos de Ponteareas nos pasan información deste torneo 3x3 a celebrar na Praza Maior de Ponteareas o sábado 3 de setembro as 16:00h.
Hai 3 categorías: Senior/Junior, Cadete/Infantil, e Minibasket/Benxamín.
Máximo de 16 equipos por categoría por orden de inscrición.
Incricións: 15€ equipo Senior/Junior. Resto categorías gratuíto. Inscribirse ata o venres 2 as 24:00h na web do C.B.Condado (tedes o enlace a ezquerda da nosa web).
Máis información no facebook do C.B.Condado ou no teléfono 670.969826


Publicado por cbcaselas @ 13:31