Domingo, 12 de junio de 2016

Foron dúas semanas de partidos contínuos onde os alevíns e benxamíns foron os auténticos protagonistas. Na xornada final de este sábado, os oito equipos demostraron as súas habilidades co balón e encandilaron a un numeroso público. Tamén houbo oco para partido de infantiles e cadetes.
O acto rematou coa celebración da recén conquistada Copa Primavera Senior, entrega de medallas e sorteo de regalos para os peques.
Agradecer a grande cantidade de voluntarios vinculados ao baloncesto e a Concellería de Deportes de Salceda, facendo que resultase un grande éxito.
Resultados finais:
7º-8ºposto: Bolboretas 21 Arañas 35
5º-6ºposto: Abellas 28 Formigas 34 
3º-4ºposto: Vacalouras 28 Libélulas 36
1º-2ºposto: Mosquitos 51 Piollos 44
Aquí vos quedan unhas imaxes. Na noticia de máis abaixo tedes as fotos de todos os equipos.
 
 
 
 
 



Publicado por cbcaselas @ 22:51  | LIGA DOS INSECTOS