Lunes, 06 de junio de 2016








RÍAS BAIXAS 58 CB.CASELAS 73
CASELAS (73):
 Bruno 13, Darío 13, Igor 21, Carlos 4, Jorge 4. QUINTETO. Adrián 5, César 11, Hedber 0, Manu 2 e Rober.
Parciais:  1ºC: 16-16.  2ºC: 13-21.  3ºC: 9-17.  4ºC: 20-19.
Incidencias: Partido de volta da Final da Copa Primavera xogado no Pavillón do Berbés en Vigo. Moi boa entrada de público, con preto de 40 animosos afecionados de Salceda. O capitán Rober non poido xogar ao estar recuperándose dunha lesión, pero vestiuse de corto para estar cos compañeiros.

Extraordinario fin de campaña do Caselas. O equipo entrenado por Carlos Kustrin non só conseguiu con solvencia a permanencia na terceira división hai un par de meses, se non que brillou neste torneo de Copa demostrando ser un dos equipos máis en forma da categoría (e quen o iba dicir tras un mal inicio de temporada).
No Berbés, o Caselas xogou moi serio, concentrado e seguro, sobre todo cando os vigueses máis apretaron no cuarto final.
Comezou o encontro moi igualado (16-16 no primeiro cuarto) e cos nosos manténdose con tres triplas. Pero a partir de ahí, o encontro cambiou de cor. Un Caselas enchufadísimo en ataque, con gran equilibrio interior-exterior e unha forte defensa, fixeron que os de Salceda lograran ventaxa no descanso (29-37), e sentenciaran practicamente no terceiro cuarto (38-54). O público salcedense empurraba e creía no título que parecía cerca.
No periodo final, o Rías Baixas -un moi digno rival- apretou e logrou poñerse a oito puntos (51-59 a pouco do remate), aproveitando a precipitación e varias perdas de balón dos nosos xogadores. Novamente un sobresainte Caselas soubo reaccionar e sentenciou dende a liña de tiros libres no intento dos locais de parar o reloxio. 
Destacar a gran entrega, compromiso e calidade humana deste grupo de xogadores -incluido o lesionado Dani, ao que lle desexamos moita sorte-. Tamén agradecer a nosa afeción, cada vez máis numerosa e fiel, e ao patrocinador Hermanos Núñez Lorenzo de Salceda pola súa axuda. Todos xuntos, fixemos que o CB.Caselas consiga o segundo título de Copa en dous anos. ARRIBA CASELAS!!!

BENXAMÍNS E ALEVÍN DISFRUTARON NOS SEUS TORNEOS:
Intensa actividade para o minibasquet. Os Benxamíns A e B tiveron en Salceda unha bonita xuntanza cos veciños de Salvaterra xogando varios partidos entre eles.
Os Alevíns viaxaron a Santiago ao Minibasquet de El Correo Gallego (tedes abaixo unha reportaxe).


Publicado por cbcaselas @ 1:45  | CRONICAS