Lunes, 06 de junio de 2016

Bonita experiencia do Alevín Mixto entrenado por Manolo en Santiago no "Día Autonómico do Minibasquet El Correo Gallego", que tivo como escenario a cancha do Multiusos Fontes do Sar. Estiveron presentes o entrenador de Obradoiro Moncho Fernández e os xogadores Jesús Chagoyen e Santi Yusta, que firmaron autógrafos aos nosos deportistas.
Os rapaces de Salceda xogaron contra Xuventude de Verín e San Pelayo de Santiago, pero ao marxe deses partidos onde o resultado era o de menos, foi unha xornada de convivencia e diversión.


Boa entrada a canasta de Joaquín no partido perante Verín.


O equipo tivo momentos de lecer. Na imaxe de arriba, cos globos.
Abaixo, Joaquín encesta un aro nos bolos. 


Nova imaxe do igualadísimo partido contra Verín, con varios xogadores loitando polo rebote.


Tempo morto para repoñer forzas.


Os nosos xogadores na tómbola de premios: equipaxe do Obradoiro, balón, pizarra táctica.......cada un quería a súa cousa.


Alguén sabe onde está o balón?


O capitán do Obradoiro de ACB Jesús Chagoyen, firma a nosa xogadora Irene Figueroa.


Publicado por cbcaselas @ 0:11  | TORNEOS E ACTOS