Lunes, 30 de mayo de 2016


Carlos Vicente lanza a canasta.

Loita de Bruno no poste baixo co pivot vigués.

Espectacular entrada de Jorge.

Darío lanzando dende o perímetro.

O público sempre co Caselas. Sensacional.

CASELAS (59): Bruno 15, Darío 12, Igor 10, Carlos 5, Jorge 3. QUINTETO. Adrián 6, César 2, Manu 6.
Parciais:  1ºC: 14-16.  2ºC: 16-16.  3ºC: 13-18.  4ºC: 16-7.
Incidencias: A mellor entrada da temporada no Pavillón. Preto de 150 afecionados animando constantemente. No concurso "averigua o resultado" houbo tres gañadores que acertaron de pleno.

Outro paso de xigante do CB.Caselas que segue a ofrecer grandes momentos de baloncesto ao seu público. Os de Carlos Kustrin enfrontábanse a un equipo moi completo, con gran físico (algún xogador superaba o 2,05m) e que dominou no electrónico gran parte do tempo con escasas rendas. Pero os de Salceda, coa baixa dos pivots Hedber e Rober lesionados, nunca se renderon e se mantiñan co gran traballo e aportación de un enchufadísimo plantel, a pesar de non estar atinados no tiro libre.
Como sucedeu no anterior partido con Arcade, no último cuarto -cando máis se complicaron as cousas- o equipo reaccionou. A falta de 7 minutos para o remate, perdiamos 45-52. Dúas triplas (unha de Carlos e outra de Adrián) lanzaron ao Caselas, e, o máis importante, nos meteron de cheo no partido. A presión da afeción local, o traballo de todos atrás, e os puntos finais de Bruno certificaron unha meritoria e merecida victoria.
Para o fin de semana o desenlace en Vigo. Alí estaremos todos co Caselas!!!!

FIN DE LIGA PARA INFANTIL E ALEVÍN:
Aínda con varias xogadoras tocadas, o Cadete Feminino rematou a súa participación nunha Copa Primavera onde xa non tiña opcións. As de Adrián e Xan perderon co Colexio Mariano por 21-76 nun mal partido. Con esto, todos os nosos equipos de base remataron as súas competicións.


Publicado por cbcaselas @ 23:02  | CRONICAS

Hoxe 30 de maio comeza a recén estrenada LIGA DOS INSECTOS. Está destinada a todo o minibasquet do CB.Caselas/EDM.Salceda e conta coa axuda de entrenadores, xogadores/as do clube así como o Concello de Salceda. Aquí tedes o calendario, que estará colgado na sección "Liga dos Insectos". Unha grande experiencia para os peques. A voar insectos!!!


Publicado por cbcaselas @ 9:36  | LIGA DOS INSECTOS
Domingo, 29 de mayo de 2016


Arriba: A xogadora do Caselas Irene del Río no concurso de tiro, co seu compañeiro Joaquín de reboteador.
Abaixo: Os capitáns dos equipos recollendo os seus trofeos.
 

No medio de moitísimo público no Día das Letras Galegas, celebrouse o "II Torneo Alevín de Salceda", onde os rapaces/as de Manolo acadaron o cuarto posto. O título foi para Marín, que venceu na final a Colexio Mariano.
O Caselas venceu no primeiro partido a Salvaterra por 40-13. No seguinte nos enfrontabamos a Marín para decidir o finalista. O noso equipo xogou un bó partido, pero non soubo manter a calma nos segundos finais para que Marín lograse o empate (37-37) e prórroga. Nese periodo extra, os de Marín estiveron máis acertados no lanzamento e gañaron por 46-53.
No partido do 3º e 4º posto, o Caselas perdía co Nigrán por 31-39.
Por outro lado, celebrouse un bonito concurso de tiro, con oito participantes. A gañadora foi Yasmine, de Nigrán, que venceu a Rubén, de Marín na final. Os nosos lanzadores Sergio e Irene del Río quedaron ás portas, a pesar de facer unha boa serie.
Cadro final:
5º-6º posto: CB.SALVATERRA 21 CAB.PONTEVEDRA 35
3º-4º posto: CB.CASELAS 31 CB.NIGRÁN 39
Final: MARÍN PEIXEGALEGO 41 COLEXIO MARIANO 32


Publicado por cbcaselas @ 1:27  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 25 de mayo de 2016
Lunes, 23 de mayo de 2016


A loita baixo os aros foi moi intensa.

CASELAS (63): Darío 8, Igor 15, Carlos 3, Hedber 12, Jorge 6. QUINTETO. Bruno 7, Adrián 9, César 3, Manu.
Parciais:  1ºC: 16-16.  2ºC: 14-12.  3ºC: 11-14.  4ºC: 22-19.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre 100 persoas volcadas co Caselas. O público foi entrando a medida que transcurría o encontro, chegándose a unha moi boa entrada no cuarto final. O conxunto de Salceda logra remontar o punto de desventaxa de Arcade e plántase na Final. A nosa xogadora infantil Alba López foi a gañadora do concurso "averigua o resultado".

O CB.Caselas segue dando alegrías neste tramo final de temporada, e onte domingo volveu a dar outra a súa excepcional afeción nun partido duro e bronco, con moita dureza -especialmente baixo os aros- pero con momentos espectaculares, de bo xogo.
A igualdade foi a tónica xeral. Escasas ventaxas de non máis de cinco puntos para ambos e a emoción servida durante os 40 minutos. Os visitantes plantaron unha defensa zonal moi pechada, conscientes do poderío interior dos seus homes. Pero era respondida polo Caselas con lanzamentos exteriores (8 triplas anotadas polos nosos).
No último cuarto, o partido complicouse para os xogadores locais de Carlos Kustrin, despois dunha serie de accións moi precipitadas, chegando a perder de 5 puntos nos minutos finais. Entón surxiu a figura de Adrián Salgado, o xogador e entrenador das categorías inferiores, que con dúas triplas consecutivas nos mete de cheo no partido. Con 60-60 no eléctronico e con menos dun minuto para o final, de novo Adrián anota de dous con tiro libre adicional que transforma (63-60). Arcade aínda ten opcións, pero só anota un tiro libre para deixar o 63-61 final e o delirio duns xogadores e afeción local entregados.
Nos espera Rías Baixas Blanco na final, que venceu no partido de volta a Rías Baixas Verde por 72-48. A ida este fin de semana en Salceda. A volta para o seguinte en Vigo. Arriba CASELAS!!!!! 

FIN DE LIGA PARA INFANTIL E ALEVÍN:
Dous equipos máis do clube remataron a liga: o Infantil Feminino de Martín perdeu en Vigo con Rosais por 40-35 nun encontro que tivo controlado, pero que entregou ao final polo seu escaso acerto anotador. O Alevín Mixto de Manolo gañou en Ponteareas por 23-39, nunha mala primeira metade, pero con gran reacción na segunda. Rematan os alevíns como campeóns deste grupo polos postos 9 a 13.
O Cadete Feminino, de Adrián e Xan, con baixas e varias xogadoras tocadas, perderon con Miralba por 29-25 nun mal partido da penúltima xornada de Copa. 


Publicado por cbcaselas @ 23:38  | CRONICAS
Domingo, 22 de mayo de 2016

ACHÉGANSE OS INSECTOS
SE ACERCAN LOS INSECTOS
INSECTS ARE COMING
.......o 30 de maio.


Publicado por cbcaselas @ 18:04
Mi?rcoles, 18 de mayo de 2016

Este domingo as 12:00 no Pavillón de Salceda, gran partido. O Caselas senior xoga a volta das semifinais da Copa Primavera co Arcade. Na ida, 65-64 para Arcade. Haberá concurso para nenos "Averigua o resultado". Pedimos o apoio do público para logralo entre todos. Pasádevos a voz.
Ademáis, última xornada de liga para infantil feminino e alevín mixto. E as cadetes que continúan inmersas na copa. Arriba Caselas!!!

Senior Masculino:  CASELAS - ARCADE
Domingo 22 / 12:00h / Pavillón de Salceda
Cadete Feminino:  MIRALBA - CASELAS
Domingo 22 / 17:00h (saída 15:45) / Colexio Miralba -Vigo
Infantil Feminino:  IES ROSAIS - CASELAS
Sábado 21 / 16:00h (saída 14:45) / Pavillón do Berbés -Vigo
Alevín Mixto:  PONTEAREAS - CASELAS
Sábado 21 / 10:00 (saída 9:00) / Pavillón de Ponteareas
Benxamín Mixto "A":  (Fin de Liga)
----------
Benxamín Mixto "B":  (Fin de Liga)
----------
NOVO CORREO ELECTRÓNICO DO C.B.CASELAS:
[email protected]

Publicado por cbcaselas @ 18:20
Martes, 17 de mayo de 2016

CASELAS (64): Darío 24, Igor 14, Carlos 7, Hedber 8, Jorge 9. QUINTETO. César 2, Manu 0.
Parciais:  1ºC: 16-19.  2ºC: 17-14.  3ºC: 16-22.  4ºC: 16-9.
Incidencias: Partido de ida das semifinais de Copa xogado no Pavillón de Soutomaior.

Afrontabamos o partido con moitas baixas, e recuperando a Manu, logo de dous meses lesionado. O encontro -como reflexa o marcador- foi moi disputado, con dous equipos con sete xogadores dispoñibles e que se decidiu nos derradeiros segundos dende o tiro libre, xa cos pivots Carlos e Hedber elimimados por cinco faltas. Aos nosos costáballe parar o poderoso xogo interior de Arcade, con moitos kilos na pintura. Pero os de Carlos Kustrin empregábanse a fondo e as alternativas eran constantes. Do 33-33 ao descanso, pasamos a 49-55 no terceiro cuarto, e chegamos 63-64 a pouco do final. Ahí, Arcade anota dous tiros libres para poñerse por diante, e, de seguido, nós fallamos os dous tiros da victoria.
Próximo fin de semana o desenlace en Salceda. Entre todos podemos conseguilo. Xa sabedes.....todos ao pavillón!

A BASE:
Mala xornada para as Cadetes e os Benxamíns B, que foron os dous equipos que xogaron, perante rivais moi superiores. No caso das Cadetes plagadas de lesionadas, as que lle desexamos moi pronta recuperación.
No caso do xovencísimo Benxamín B de Martín, remataron a Liga cumprindo o obxectivo principal, que era o de enganchar os nenos no baloncesto e disfrutar da experiencia da competición. Bravo peques!


Publicado por cbcaselas @ 14:26  | CRONICAS
Domingo, 15 de mayo de 2016
Domingo, 08 de mayo de 2016


Os xogadores celebran a clasificación manteando a Darío, que ese día estaba de cumpreanos.
 
César protexe o balón perante a dura defensa local.
 
Outro momento do partido con Darío pasando o balón. 

CASELAS (86): Bruno 15, Darío 8, Igor 14, Carlos 4, Jorge 4. QUINTETO. Rober 4, Adrián 8, César 8, Hedber 21.
Parciais:  1ºC: 19-15.  2ºC: 30-25.  3ºC: 13-26.  4ºC: 19-20.
Incidencias: Última xornada da primeira fase da Copa disputada no Colexio Seis do Nadal de Coia. Pouco público e varios afecionados de Salceda. O Caselas clasifícase brillantemente para as semifinais.

Os afecionados que se acercaron o sábado a Coia poideron ver un auténtico partido de baloncesto. En efecto, o encontro foi vibrante, con moita intensidade e con dous equipos facendo un xogo atrevido e divertido, cun marcador altísimo, que supuxo a segunda máxima anotación da temporada para os nosos.
Claro que a victoria houbo que sudala.....e vaia como se sudou! Nada menos que 37 faltas nos sinalaron (por 22 a Seis do Nadal), con catro eliminados (Bruno, Carlos, César e Hedber) e tres con catro faltas (Rober, Adrián e Jorge).
Os locais, un moi xovencísimo equipo. estiveron moi enchufados na primeira metade: 49-40 ao descanso. Na segunda metade o dominio foi dos de Salceda, que se colocan 71-78 a pouco do remate. Pero unha reacción local, coincidindo coa eliminación dos nosos pivots, provoca o empate: 78-78. Cos cinco xogadores que nos quedaban, os de Carlos Kustrin xogaron moi intelixente para sellar un partido que vale unha semifinal.

A BASE:
Un pouco de todo para a base. Victoria clara do Benxamín "A" en Salceda contra García Barbón. Os de Adrián rematan así a liga cunha excelente segunda fase: 7 victorias e unha derrota. Bravo para os peques!  Non lle foi tan ben aos compañeiros do "B", que perderon en Vigo con Compañía María.
Derrotas para o Infantil Feminino (Caselas 48 Sauces 66), Cadete Feminino (Caselas 38 Seis Nadal Coia 73) e Alevín Mixto (Caselas 34 Compañía María 37). Destacar a gran entrada de público no Pavillón de Salceda para ver aos rapaces, especialmente na tarde de domingo, con máis de 100 persoas. Arriba Caselas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 23:27  | CRONICAS
Domingo, 01 de mayo de 2016

CASELAS (64): Bruno 15, Darío 10, Igor 12, Carlos 7, Jorge 2. QUINTETO. Rober 2, Adrián 6, César 8, Hedber 2.
Parciais:  1ºC: 13-10.  2ºC: 19-6.  3ºC: 15-8.  4ºC: 17-5.
Incidencias: Domingo a mañá no Pavillón de Salceda, con arredor de 70 persoas animando sen parar. No outro partido do grupo, Novobasket Ademar gañou a Seis do Nadal 64-57.

Novo e importante triunfo do Caselas diante dun veterano Mos que só nos puxo en apretos no primeiro cuarto. A partir de ahí, os de Carlos Kustrin apretaron o acelerador e a pesar de non estar moi acertados no tiro, plantáronse moi ben atrás e foron superiores no rebote. Na segunda metade, con todo resolto, o equipo seguiu traballando, deleitando con xogadas moi bonitas a un público magnífico e volcado cos nosos xogadores e equipo. Os nove xogadores dispoñibles estanse a implicar moi ben, e iso tradúcese en bós números (hoxe anotaron todos) e victorias de equipo.
O vindeiro fin de semana remata este liguilla de clasificación, e nos xogamos o pase a semifinais en Coia co Seis do Nadal. O gañar nos clasifica. O perder nos fai depender do outro partido Mos-Novobasket. 

A BASE:
Só xogaron as rapazas do Infantil Feminino, que perderon en Salceda co Celta Bosco por 28-58. As de Martín mereceron algo máis e fallaron canastas moi fáciles. Todos os nosos equipos voltarán a competición para a semana que ven.


Publicado por cbcaselas @ 23:48  | CRONICAS