Lunes, 23 de mayo de 2016


A loita baixo os aros foi moi intensa.

CASELAS (63): Darío 8, Igor 15, Carlos 3, Hedber 12, Jorge 6. QUINTETO. Bruno 7, Adrián 9, César 3, Manu.
Parciais:  1ºC: 16-16.  2ºC: 14-12.  3ºC: 11-14.  4ºC: 22-19.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre 100 persoas volcadas co Caselas. O público foi entrando a medida que transcurría o encontro, chegándose a unha moi boa entrada no cuarto final. O conxunto de Salceda logra remontar o punto de desventaxa de Arcade e plántase na Final. A nosa xogadora infantil Alba López foi a gañadora do concurso "averigua o resultado".

O CB.Caselas segue dando alegrías neste tramo final de temporada, e onte domingo volveu a dar outra a súa excepcional afeción nun partido duro e bronco, con moita dureza -especialmente baixo os aros- pero con momentos espectaculares, de bo xogo.
A igualdade foi a tónica xeral. Escasas ventaxas de non máis de cinco puntos para ambos e a emoción servida durante os 40 minutos. Os visitantes plantaron unha defensa zonal moi pechada, conscientes do poderío interior dos seus homes. Pero era respondida polo Caselas con lanzamentos exteriores (8 triplas anotadas polos nosos).
No último cuarto, o partido complicouse para os xogadores locais de Carlos Kustrin, despois dunha serie de accións moi precipitadas, chegando a perder de 5 puntos nos minutos finais. Entón surxiu a figura de Adrián Salgado, o xogador e entrenador das categorías inferiores, que con dúas triplas consecutivas nos mete de cheo no partido. Con 60-60 no eléctronico e con menos dun minuto para o final, de novo Adrián anota de dous con tiro libre adicional que transforma (63-60). Arcade aínda ten opcións, pero só anota un tiro libre para deixar o 63-61 final e o delirio duns xogadores e afeción local entregados.
Nos espera Rías Baixas Blanco na final, que venceu no partido de volta a Rías Baixas Verde por 72-48. A ida este fin de semana en Salceda. A volta para o seguinte en Vigo. Arriba CASELAS!!!!! 

FIN DE LIGA PARA INFANTIL E ALEVÍN:
Dous equipos máis do clube remataron a liga: o Infantil Feminino de Martín perdeu en Vigo con Rosais por 40-35 nun encontro que tivo controlado, pero que entregou ao final polo seu escaso acerto anotador. O Alevín Mixto de Manolo gañou en Ponteareas por 23-39, nunha mala primeira metade, pero con gran reacción na segunda. Rematan os alevíns como campeóns deste grupo polos postos 9 a 13.
O Cadete Feminino, de Adrián e Xan, con baixas e varias xogadoras tocadas, perderon con Miralba por 29-25 nun mal partido da penúltima xornada de Copa. 


Publicado por cbcaselas @ 23:38  | CRONICAS