Lunes, 25 de abril de 2016

CASELAS (72): Darío 12, Igor 30, Carlos 6, Hedber 7, Jorge 1. QUINTETO. Bruno 7, Rober 2, César 7.
Parciais:  1ºC: 9-19.  2ºC: 17-15.  3ºC: 10-16.  4ºC: 14-22.
Incidencias: 1ªxornada da Copa Primavera grupo D no colexio Maristas de Vigo. No outro partido do grupo, Mos perdeu con Seis do Nadal por 62-73.

Non tivo excesivo problema o Caselas para gañar a un dos equipos punteiros da 4ªDivisión na difícil cancha de Maristas. Comandados por un extraordinario Igor Sío, autor de 30 puntos, e coa implicación de todo o plantel, mostraron o bó xogo habitual dos últimos meses para levarse un cómodo triunfo perante o xoven e traballador equipo vigués.
O vindeiro fin de semana tedes unha nova cita no Pavillón de Salceda onde nos visita Mos.

A BASE:
O Cadete Feminino tivo que traballar arreo para levarse a victoria en San José La Guía: 40-50. Con esta, xa son 4 victorias seguidas das de Xan e Adrián. O equipo remata así a liga en 13ªposición, pero tal vez mereceron algo máis.
Derrotas para o Infantil Feminino (Baiona 49 Caselas 22), Benxamín A (Airexa Nigrán 70 Caselas A 25) e Benxamín B (Caselas B 9 Porriño 59).


Publicado por cbcaselas @ 22:49  | CRONICAS
Domingo, 24 de abril de 2016

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Salceda nos solicitan ao CB.Caselas voluntarios para colaborar na carreira "CORREXSALCEDA", que se celebrará polo noso entorno o vindeiro sábado 30 de abril as 17:30 (categorías inferiores) e as 19:15 (absoluta), cun circuíto de 12km.
Os que podades axudar -cantos máis, mellor- podedes comunicalo a calquera membro da directiva ou no teléfono do clube 630.562800


Publicado por cbcaselas @ 12:05
Mi?rcoles, 20 de abril de 2016

O Caselas comeza a Copa Primavera, onde foi campeón a temporada pasada.

Equipos e sistema: 
16 equipos divididos en 4 grupos: A, B, C, D. 
Xogan liga a unha soa volta. O primeiro de cada grupo clasifica para semifinais. As semifinais e final son a ida e volta.

Calendario CB.Caselas (Grupo D):
24/04/2016---NOVOBASKET ADEMAR - CASELAS
01/05/2016---CASELAS - MOS
08/05/2016---SEIS DO NADAL COIA - CASELAS
15/05/2016---Semifinais ida: 1ºA - 1ºD // 1ºB - 1ºC
22/05/2016---Semifinais volta: 1ºD - 1ºA // 1ºC - 1ºB
29/05/2016---Final ida.
05/06/2016---Final volta.


Publicado por cbcaselas @ 17:48
Lunes, 18 de abril de 2016

CASELAS (69): Darío 14, Igor 19, Carlos 4, Rober 2, Jorge 2. QUINTETO. Adrián 5, César 0, Hedber 23.
Parciais:  1ºC: 11-12.  2ºC: 22-7.  3ºC: 16-10.  4ºC: 20-19.
Incidencias: Novamente o público local respondeu e preto de 100 persoas estiveron volcadas co Caselas. No concurso "averigua o resultado do partido", a gañadora foi a xogadora benxamín Ainhoa, que aínda que non acertou, foi a que máis se aproximou ao apostar por unha victoria do Caselas por 20 puntos (destacar que todos os participantes apostaron polos locais). Esta victoria estivo adicada a Manuel Sío (d.e.p.), avó do noso xogador Igor, socio e gran seguidor do Caselas dende hai anos.

Despedida da liga pola porta grande, como se merece este gran equipo, que volveu a dar outra exhibición perante un veterano Rodaballo aínda con opcións de conservar a categoría.
O encontro comezou igualado, con erros no tiro e os dous equipos tanteándose, e así ata os primeiros minutos do segundo periodo. Pero apareceu o xogo dos nosos aos que nos teñen acostumados últimamente: intensidade defensiva, gran xogo colectivo e rapidez, que en ocasións era cortada de xeito intelixente polos visitantes con falta. Todo compensado cunha boa porcentaxe de tiro. 
Con estes argumentos, o marcador ibase a 33-19 no descanso e seguía medrando 49-29 no terceiro periodo, adornado cunha canasta estratosférica de Adrián dende medio campo no último segundo, que acabou por expoliar ao público local.
No periodo final, os de Carlos Kustrin xogaron un pouco "cara a galería", adornándose con xogadas bonitas e participando todo o equipo da festa, celebrada con gran respeto e deportividade.
Caselas (como campeón deste grupo) e o Vigo 90s (como segundo clasificado) permanecen na categoría de 3ªDivisión. Descenden Redondela, Rodaballo, Airexa Nigrán e Mos. Agora o Caselas participará na Copa Primavera, na que quedou campeón a temporada pasada.
Agradecementos:
Ao noso público, entregado co equipo nos momentos máis importantes.
Ao noso patrocinador -a asesoría fiscal e laboral Hermanos Núñez Lorenzo de Salceda- polo seu fiel apoio.

A BASE:
Gran partido dos Alevíns, que se impuxeron na mañá de sábado a Novobasket Azul na sempre difícil cancha de Maristas Vigo por 36-45. Xa pola tarde volvían a xogar en Salceda co Colexio Mariano, que non se presentou.
E decepción para as rapazas Cadetes, que veían como a última hora era suspendido o seu partido con Sauces a petición destas.


Publicado por cbcaselas @ 23:23  | CRONICAS
Martes, 12 de abril de 2016


Bruno lanzando un tiro libre.

Adrián saíndo da presión defensiva.

O público de Salceda -que estivo sensacional- desplegou esta pancarta.

CASELAS (88): Bruno Iglesias 25, Darío Alvarez 27, Igor Sío 15, Carlos Vicente 5, Jorge González "Jito" 7. QUINTETO. Adrián Salgado 1, Hedber Otero 8, Roberto Alvarez, César Dacosta.
Parciais:  1ºC: 24-19.  2ºC: 21-18.  3ºC: 18-9.  4ºC: 25-14.
Incidencias: Gran ambiente no Pavillón de Salceda, con preto de 100 persoas. O partido correspondía a 4ªxornada de liga pola permanencia, que foi aplazado no seu día. Primeira victoria da temporada do Caselas na casa. Ata agora, todas as victorias lográronse fóra de Salceda.

Partidazo e exhibición dun CB.Caselas perante un CB.Redondela que a pesar do marcador, foi un gran equipo e non se rendiu ata o terceiro cuarto, cando os de Salceda romperon o encontro.
Prevíase un encontro interesante, con dous equipos necesitados de puntos, especialmente os da vila do choco. E así foi. Comezaron ambos cun ritmo frenético, moita intensidade e boas porcentaxes. As canastas sucedíanse e o público disfrutaba. Ao descanso 45-37.
No inicio do terceiro cuarto parecía baixar a intensidade polo gran desgaste físico. Pero nada máis lonxe da realidade, os de Carlos Kustrin deron un arreón que resultou definitivo. Gran xogo de todos, alto ritmo e moi boas porcentaxes de tiro. Con todo, as diferenzas alcanzaban os 20 puntos.
No periodo final o Caselas deu un recital, gustándose e gustando a gran parroquia local. 
Destacar a gran actitude e deportividade mostrada polos dous equipos, facendo un partido de baloncesto con maiúsculas, digno de ver.
O Caselas asegura practicamente a permanencia. No próximo fin de semana xógase a última xornada de liga, onde recibimos en Salceda ao Rodaballo de Vigo. Vos esperamos. Todos ao pavillón!!! 

A BASE:
O Infantil Feminino perdeu co líder invicto Apóstol por 54-23, nunha mala primeira metade pero boa reacción na segunda.
O Benxamín "A" caeu en Vigo con Novobasket por 69-61, nun bó partido. Peor lles foi aos do "B", que con moita ilusión, foron superados amplamente polo Airexa Nigrán.


Publicado por cbcaselas @ 1:00  | CRONICAS
Lunes, 04 de abril de 2016

CASELAS (54): Bruno 9, Darío 11, Igor 6, Carlos 0, Jorge 8. QUINTETO. Rober 0, Adrián 3, Hedber 17.
Parciais:  1ºC: 6-7.  2ºC: 12-18.  3ºC: 14-10.  4ºC: 14-19.
Incidencias: Tarde de domingo no Colexio Marcote de Vigo.

Paso de xigante do CB.Caselas cara a permanencia na 3ªDivisión. Os de Carlos Kustrin voltaron a demostrar o seu bo momento de forma cun completo partido perante o líder deste grupo, o rochoso Vigo 90S, que apretou en todo momento, especialmente no tramo final, onde os nosos souberon xogar moi intelixentemente.
Agora nos quedan "dúas finais" en Salceda. Este sábado recibimos ao Redondela e o vindeiro ao Rodaballo de Vigo. Pedimos o apoio do público para estes momentos tan decisivos. Arriba Caselas!! 

A BASE:
Rematou o fin de semana para a base coa boa sensación de ter competido en todos os partidos, independentemente da victoria ou derrota.
Partido de equipo e completísimo das Cadetes que non tiveron problemas: Caselas 53 Miralba 32. Igualmente o Benxamín A, aínda que con máis traballo: Caselas 62 Miralba 53.
Mal partido das Infantiles cun resultado moi curto. Aínda con todo, as de Salceda, que foron por debaixo todo o partido, conseguiron empatar a 29 a poucos segundos do remate. Pero sentenciou un tiro libre das visitantes a falla de 3 segundos, deixando un Caselas 29 IES.Rosais de Vigo 30.
O Benxamín B, pese a perder en Salesianos, segue a mostrar unha clara melloría.


Publicado por cbcaselas @ 22:51  | CRONICAS