Lunes, 18 de abril de 2016

CASELAS (69): Darío 14, Igor 19, Carlos 4, Rober 2, Jorge 2. QUINTETO. Adrián 5, César 0, Hedber 23.
Parciais:  1ºC: 11-12.  2ºC: 22-7.  3ºC: 16-10.  4ºC: 20-19.
Incidencias: Novamente o público local respondeu e preto de 100 persoas estiveron volcadas co Caselas. No concurso "averigua o resultado do partido", a gañadora foi a xogadora benxamín Ainhoa, que aínda que non acertou, foi a que máis se aproximou ao apostar por unha victoria do Caselas por 20 puntos (destacar que todos os participantes apostaron polos locais). Esta victoria estivo adicada a Manuel Sío (d.e.p.), avó do noso xogador Igor, socio e gran seguidor do Caselas dende hai anos.

Despedida da liga pola porta grande, como se merece este gran equipo, que volveu a dar outra exhibición perante un veterano Rodaballo aínda con opcións de conservar a categoría.
O encontro comezou igualado, con erros no tiro e os dous equipos tanteándose, e así ata os primeiros minutos do segundo periodo. Pero apareceu o xogo dos nosos aos que nos teñen acostumados últimamente: intensidade defensiva, gran xogo colectivo e rapidez, que en ocasións era cortada de xeito intelixente polos visitantes con falta. Todo compensado cunha boa porcentaxe de tiro. 
Con estes argumentos, o marcador ibase a 33-19 no descanso e seguía medrando 49-29 no terceiro periodo, adornado cunha canasta estratosférica de Adrián dende medio campo no último segundo, que acabou por expoliar ao público local.
No periodo final, os de Carlos Kustrin xogaron un pouco "cara a galería", adornándose con xogadas bonitas e participando todo o equipo da festa, celebrada con gran respeto e deportividade.
Caselas (como campeón deste grupo) e o Vigo 90s (como segundo clasificado) permanecen na categoría de 3ªDivisión. Descenden Redondela, Rodaballo, Airexa Nigrán e Mos. Agora o Caselas participará na Copa Primavera, na que quedou campeón a temporada pasada.
Agradecementos:
Ao noso público, entregado co equipo nos momentos máis importantes.
Ao noso patrocinador -a asesoría fiscal e laboral Hermanos Núñez Lorenzo de Salceda- polo seu fiel apoio.

A BASE:
Gran partido dos Alevíns, que se impuxeron na mañá de sábado a Novobasket Azul na sempre difícil cancha de Maristas Vigo por 36-45. Xa pola tarde volvían a xogar en Salceda co Colexio Mariano, que non se presentou.
E decepción para as rapazas Cadetes, que veían como a última hora era suspendido o seu partido con Sauces a petición destas.


Publicado por cbcaselas @ 23:23  | CRONICAS