Martes, 12 de abril de 2016


Bruno lanzando un tiro libre.

Adrián saíndo da presión defensiva.

O público de Salceda -que estivo sensacional- desplegou esta pancarta.

CASELAS (88): Bruno Iglesias 25, Darío Alvarez 27, Igor Sío 15, Carlos Vicente 5, Jorge González "Jito" 7. QUINTETO. Adrián Salgado 1, Hedber Otero 8, Roberto Alvarez, César Dacosta.
Parciais:  1ºC: 24-19.  2ºC: 21-18.  3ºC: 18-9.  4ºC: 25-14.
Incidencias: Gran ambiente no Pavillón de Salceda, con preto de 100 persoas. O partido correspondía a 4ªxornada de liga pola permanencia, que foi aplazado no seu día. Primeira victoria da temporada do Caselas na casa. Ata agora, todas as victorias lográronse fóra de Salceda.

Partidazo e exhibición dun CB.Caselas perante un CB.Redondela que a pesar do marcador, foi un gran equipo e non se rendiu ata o terceiro cuarto, cando os de Salceda romperon o encontro.
Prevíase un encontro interesante, con dous equipos necesitados de puntos, especialmente os da vila do choco. E así foi. Comezaron ambos cun ritmo frenético, moita intensidade e boas porcentaxes. As canastas sucedíanse e o público disfrutaba. Ao descanso 45-37.
No inicio do terceiro cuarto parecía baixar a intensidade polo gran desgaste físico. Pero nada máis lonxe da realidade, os de Carlos Kustrin deron un arreón que resultou definitivo. Gran xogo de todos, alto ritmo e moi boas porcentaxes de tiro. Con todo, as diferenzas alcanzaban os 20 puntos.
No periodo final o Caselas deu un recital, gustándose e gustando a gran parroquia local. 
Destacar a gran actitude e deportividade mostrada polos dous equipos, facendo un partido de baloncesto con maiúsculas, digno de ver.
O Caselas asegura practicamente a permanencia. No próximo fin de semana xógase a última xornada de liga, onde recibimos en Salceda ao Rodaballo de Vigo. Vos esperamos. Todos ao pavillón!!! 

A BASE:
O Infantil Feminino perdeu co líder invicto Apóstol por 54-23, nunha mala primeira metade pero boa reacción na segunda.
O Benxamín "A" caeu en Vigo con Novobasket por 69-61, nun bó partido. Peor lles foi aos do "B", que con moita ilusión, foron superados amplamente polo Airexa Nigrán.


Publicado por cbcaselas @ 1:00  | CRONICAS