Lunes, 14 de marzo de 2016

CASELAS (75): Darío 22, Igor 15, Carlos 7, Hedber 19, Jorge 2. QUINTETO. Bruno 7, Rober 0, Adrián 3.
Parciais:  1ºC: 12-13.  2ºC: 10-13.  3ºC: 11-25.  4ºC: 17-24.
Incidencias: Pavillón de Balaídos, coas bancadas totalmente baleiras domingo as 10 da mañá.

Acariciaba a victoria o Caselas nas derradeiras xornadas, e nesta ocasión, gañouse.....e de que maneira!
Foi o mellor encontro da temporada e coa anotación máis alta: 75 puntos anotados, que falan do alto ritmo de xogo e acerto dos de Salceda perante un veterano Rodaballo de Vigo con xogadores que levan décadas competindo.
Os xogadores de Carlos Kustrin, que chegaban ao descanso cun dubitativo 22-26, pasaron o rodillo na segunda metade (véxanse parciais), con gran traballo por parte de todos e gran xogo colectivo.
Agora quedan tres partidos para rematar unha liga igualadísima, onde só dous dos seis equipos se librarán do descenso. 

A BASE:
Segue invicto nesta 2ªfase o Benxamín A, con nova victoria: Compañía María Vigo 44 Caselas A 68.
Peor sorte correron os peques do Benxamín B, que cun equipo de xogadores onde moitos non chegan a idade, perderon claramente en Vigo con Novobasket.
No resto de partidos, en Infantil Feminino: Sauces 64 Caselas 31, e en Alevín Mixto: Caselas 31 Apóstol 49. 


Publicado por cbcaselas @ 22:22  | CRONICAS