CASELAS (49): Darío 14, Igor 8, Carlos 3, Rober 2, Jorge 5. QUINTETO. Bruno 6, Adrián 0, Hedber 11, Manu 0. |
O Caselas sufriu a crueldade de perder no derradeiro segundo de partido, despois de 40 minutos igualadísimos con pequenísimas rendas para un e outro equipo. Os de Salceda xogaron un gran partido, con nove xogadores implicados e entregados, aos que lle sinalaron 32 faltas, con tres eliminados (Bruno, Hedber e Jorge) e outros tres con catro faltas. Tal vez faltou sorte e máis acerto no tiro libre. Diante tiñamos a un Vigo 90s con gran poderío interior, moitos kilos e altura e moi ordenados. A BASE: |
CASELAS (47): Darío 16, Igor 2, Carlos 0, Rober 2, Jorge 3. QUINTETO. Adrián 4, César 4, Hedber 13, Manu 3. |
Primeiro partido do play off de descenso (postos 9º a 14º) e importantísima victoria na difícil cancha da vila dos viaductos, onde poucos equipos acadan algo positivo. Despois dun mal primeiro cuarto, o Caselas deulle a volta ao marcador cara ao descanso e mantivo as diferenzas para lograr un traballado triunfo. A BASE: |
Recibimos comunicado da Federación Galega de Baloncesto do "V curso online de árbitros e oficiais de mesa" que terá lugar do 7 ao 11 e do 14 ao 16 de marzo, dúas horas cada día en horario de tarde-noite, sempre que se alcance un mínimo de 20 inscritos.
Os interesados, poderán inscribirse enviando a [email protected] a ficha cumplimentada (pedila no noso clube) e o xustificante de 20 euros correspondente á cuota, que deberán abonar no nº de conta da La Caixa 2100-1455-11-0200136257 non máis tarde do día 04.03.16.
Os inscritos que sexan afiliados a FGB como xogadores, entrenadores, etc...terán un desconto do 50%
Información e dúbidas na Delegación Viguesa de Baloncesto: 986228362
Os nosos equipos Senior Masculino, Infantil Feminino, Benxamín A e Benxamín B, remataron a primeira fase da liga e xa teñen calendario da segunda fase, que comeza o vindeiro fin de semana.
Os resultados non foron bós, pero agora temos competición teoricamente máis igualada, onde podemos demostrar o aprendido.
Analizamos brevemente o feito por cada equipo e o que nos toca.
Recordade que podedes consultar os calendarios completos nesta web en: MENU PRINCIPAL>>>>COMPETICIÓN>>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS.
SENIOR MASCULINO:
Remata en penúltima posición da 3ªdivisión grupo E1.
Xogará polos postos 9º a 14º nunha liga a doble volta por sistema olímpico (isto é, contan os resultados da primeira fase entre os equipos implicados) Están os 3 últimos deste grupo E1 xunto cos 3 últimos do grupo E2. E, curiosamente, todos os equipos comezan con 2 victorias e 2 derrotas. Igualdade máxima. Os catro últimos equipos, descenden a 3ªdivisión B. O Caselas desprazarase na primeira xornada a Redondela.
INFANTIL FEMININO:
Remantan segundas da 3ªdivisión grupo 2.
Xogarán polo título de liga (postos 1º a 6º) nunha liga a doble volta onde están os 3 primeiros do grupo 1 e os 3 primeiros do grupo 2. O Caselas recibe en Salceda ao Apóstol de Vigo.
BENXAMÍNS A e B:
Ambos equipos rematan penúltimos das ligas Vigo grupo A e B.
Xogarán polos postos 13º a 21º nunha liga a doble volta por sistema olímpico (ao igual que os senior, xa contan os resultados da primeira fase entre os equipos implicados). Están 9 equipos: os 5 últimos do grupo A e os 4 últimos do grupo B. O Caselas A recibe en Salceda ao Salesianos Vigo Negro. O Caselas B desprázase a Vigo para xogar co Novobasket Azul.
Moita sorte. Arriba Caselas!!!!!