Lunes, 29 de febrero de 2016

CASELAS (49): Darío 14, Igor 8, Carlos 3, Rober 2, Jorge 5. QUINTETO. Bruno 6, Adrián 0, Hedber 11, Manu 0.
Parciais:  1ºC: 15-16.  2ºC: 9-10.  3ºC: 12-12.  4ºC: 13-13.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre 75 persoas animando constantemente ao Caselas. Voltaba a xogar Bruno, logo de varios meses lesionado.

O Caselas sufriu a crueldade de perder no derradeiro segundo de partido, despois de 40 minutos igualadísimos con pequenísimas rendas para un e outro equipo. Os de Salceda xogaron un gran partido, con nove xogadores implicados e entregados, aos que lle sinalaron 32 faltas, con tres eliminados (Bruno, Hedber e Jorge) e outros tres con catro faltas. Tal vez faltou sorte e máis acerto no tiro libre. Diante tiñamos a un Vigo 90s con gran poderío interior, moitos kilos e altura e moi ordenados.
A falla de 10 segundos para o final, con posesión de balón e con 49-49, o entrenador local Carlos Kustrin pide tempo morto. O noso equipo saca dende campo de ataque, pero perdemos o balón ante a presión visitante. Os vigueses moven moi ben o balón ata chegar ao seu pivot, que en posición forzada dende tres metros, anota no último segundo.
A pesar da dolorosa derrota, temos que sacar conclusións moi positivas. O equipo traballa, loita e responde. Arriba Caselas!!

A BASE:
Derbi benxamín por todo o alto entre o Caselas B e A. Victoria do A 14-57, pero cos B poñendo en apuros aos seus colegas nos primeiros periodos. Aquí vos quedan dúas imaxes do partido.
Boa e merecida victoria alevín en Maristas: Novobasket Vigo Azul 24 Caselas 26.
Perderon os dous equipos femininos. En infantil: Celta Bosco 57 Caselas 20. En cadete, no derbi comarcal: Caselas 39 Porriño B 50.
 
 


Publicado por cbcaselas @ 23:34  | CRONICAS