Lunes, 15 de febrero de 2016

Os nosos equipos Senior Masculino, Infantil Feminino, Benxamín A e Benxamín B, remataron a primeira fase da liga e xa teñen calendario da segunda fase, que comeza o vindeiro fin de semana.
Os resultados non foron bós, pero agora temos competición teoricamente máis igualada, onde podemos demostrar o aprendido.
Analizamos brevemente o feito por cada equipo e o que nos toca.
Recordade que podedes consultar os calendarios completos nesta web en: MENU PRINCIPAL>>>>COMPETICIÓN>>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS.

SENIOR MASCULINO:
Remata en penúltima posición da 3ªdivisión grupo E1.
Xogará polos postos 9º a 14º nunha liga a doble volta por sistema olímpico (isto é, contan os resultados da primeira fase entre os equipos implicados) Están os 3 últimos deste grupo E1 xunto cos 3 últimos do grupo E2. E, curiosamente, todos os equipos comezan con 2 victorias e 2 derrotas. Igualdade máxima. Os catro últimos equipos, descenden a 3ªdivisión B. O Caselas desprazarase na primeira xornada a Redondela.
INFANTIL FEMININO:
Remantan segundas da 3ªdivisión grupo 2.
Xogarán polo título de liga (postos 1º a 6º) nunha liga a doble volta onde están os 3 primeiros do grupo 1 e os 3 primeiros do grupo 2. O Caselas recibe en Salceda ao Apóstol de Vigo.
BENXAMÍNS A e B:
Ambos equipos rematan penúltimos das ligas Vigo grupo A e B.
Xogarán polos postos 13º a 21º nunha liga a doble volta por sistema olímpico (ao igual que os senior, xa contan os resultados da primeira fase entre os equipos implicados). Están 9 equipos: os 5 últimos do grupo A e os 4 últimos do grupo B. O Caselas A recibe en Salceda ao Salesianos Vigo Negro. O Caselas B desprázase a Vigo para xogar co Novobasket Azul.

Moita sorte. Arriba Caselas!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 23:01