Domingo, 31 de enero de 2016

A faltas de acerto e un pouco de sorte, fan que o Caselas remate a primeira fase da liga de 3ªDivisión con dúas novas derrotas na doble xornada. A pesar de todo, o equipo demostrou garra, entrega e un cambio de actitude moi positivo. O conxunto entrenado por Carlos Kustrin xogará a liguilla do descenso. Informaremos.

9ª xornada (xoves 28): CASELAS 48 AIREXA NIGRÁN 52
CASELAS (48):
 Darío 10, Igor 3, Carlos 9, Hedber 17, Jorge 4. QUINTETO. Rober 2, Adrián 0, César 3, Manu 0.
Parciais:  1ºC: 18-18.  2ºC: 6-7.  3ºC: 10-12.  4ºC: 14-15.
Incidencias: Sobre tres decenas de afecionados na noite de xoves no Pavillón de Salceda.

Partido entretido e moi disputado, con varias alternancias no electrónico. Os de Nigrán plantexaron unha defensa zonal moi pechada, que foi un lastre para os nosos. Aínda así, nos derradeiros segundos tivemos balóns para gañar, pero os lanzamentos non entraron.

13ª xornada (sábado 30): CASELAS 66 SEIS DO NADAL COIA 70
CASELAS (66):
 Darío 14, Rober 2, César 16, Hedber 10, Jorge 0. QUINTETO. Igor 12, Carlos 5, Adrián 0, Manu 7, Eloy 0.
Parciais:  1ºC: 24-15.  2ºC: 10-17.  3ºC: 17-18.  4ºC: 15-20.
Incidencias: Bo ambiente na tarde de sábado en Salceda, con seis decenas de afecionados.

Mereceu máis o Caselas, que dominou no marcador ata o último cuarto, chegando a ter ventaxas de ata 14 puntos durante o encontro. Pero no cuarto final pagouse o enorme esforzo feito polos xogadores, moi castigados polas faltas (nada menos que 36 sinaladas ao Caselas por 23 aos de Coia). A isto hai que unir o grande acerto dende o tiro libre dos visitantes, todo o contrario que os nosos, moi desacertados no tiro libre -aspecto este a mellorar- e no tiro de campo.

A BASE:
Na base só se poido conseguir unha victoria. Foi a do Infantil Feminino, que pechan a primeira fase clasificándose para a liguilla polo título, logo de vencer nun bonito encontro a Redondela por 41-38. Noraboa as xogadoras e ao entrenador Martín!
No resto, derrotas claras perante equipos máis fortes, que nos obrigan a seguir traballando coa mesma ilusión.


Publicado por cbcaselas @ 23:04  | CRONICAS
Mi?rcoles, 27 de enero de 2016

Temos nada menos que 7 partidos. Comezamos xa este xoves as 9 da noite co Senior en Salceda. E o sábado outra vez as 6 da tarde para pechar a primeira fase da liga. Tamén rematan a primeira fase o Infantil Feminino (xa clasificado para o play off polo título) e o Benxamín B.
Xa sabades: montón de partidos no noso pavillón para aprender......a que esperas!!!!

Senior Masculino: CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Xoves 28 // 21:00h // Pavillón de Salceda

Senior Masculino: CASELAS - SEIS DO NADAL COIA
Sábado 30 // 18:00h // Pavillón de Salceda

Cadete Feminino: CASELAS - BAIONA
Sábado 30 // 16:00h  // Pavillón de Salceda
Infantil Feminino: CASELAS - REDONDELA
Sábado 30 // 10:00h // Pavillón de Salceda
Alevín Mixto: DEFENSORES DO MORRAZO - CASELAS
Sábado 30 // 16:00h (saída 14:45) // Colexio San Roque -Cangas
Benxamín Mixto "A": DEFENSORES DO MORRAZO - CASELAS
Sábado 30 // 10:00h (saída 8:45) // Colexio San Roque -Cangas
Benxamín Mixto "B": CASELAS - GARCÍA BARBÓN BLANCO
Sábado 30 // 12:00h // Pavillón de Salceda

Publicado por cbcaselas @ 20:03
Lunes, 25 de enero de 2016

CASELAS (42): Darío 7, Igor 3, Rober 4, Hedber 7, Jorge 2. QUINTETO. Carlos 9, Adrián 3, César 6, Manu 1.
Parciais:  1ºC: 17-15.  2ºC: 13-8.  3ºC: 14-12.  4ºC: 21-7.
Incidencias: Boa entrada no Pavillón de Porriño neste derbi comarcal, con varios afecionados de Salceda animando. Debutou no Caselas o noso querido Adrián Salgado, que se viste de corto para axudar aos senior no resto da temporada.

O encontro comezou cun ritmo frenético por ambas partes: rápidas transicións e xogo bonito e vistoso. E así foi ata practicamente o descanso (30-23). O Caselas lograba aguantar o alto ritmo e a forte defensa imposta polos líderes da liga, un equipo numeroso e moi completo.
Despois do ecuador -como era de prever- ese ritmo baixou, pero os nosos aguantaban moi ben: 44-35, cun público salcedense agradecido. Pero no periodo final o equipo se descentrou por completo, pendentes máis de decisións arbitrais, e iso nos apartou totalmente do partido chegando a esa diferenza excesiva despois do visto nos corenta minutos. 

ESTE XOVES AS 21:00h, CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Este xoves 28 as 21:00 horas no Pavillón de Salceda, Caselas e Airexa Nigrán xogarán o partido de liga que foi aprazado no seu momento. Dous días despois, o sábado 30, voltaremos a xogar en casa o último partido da primeira fase perante o Seis do Nadal Coia.
Xa sabedes....todos co C.B.Caselas!!!! 

A BASE:
Os nosos equipos Cadete feminino e Alevín mixto caeron derrotados amplamente nos seus desprazamentos a Vigo.
O resto dos equipos descansaron. 


Publicado por cbcaselas @ 22:50  | CRONICAS
Lunes, 18 de enero de 2016

CASELAS (50): Darío 6, Igor 15, Carlos 8, Hedber 12, Jorge 0. QUINTETO. Rober 1, César 2, Manu 4, Eloy 2.
Parciais:  1ºC: 14-10.  2ºC: 13-17.  3ºC: 9-12.  4ºC: 14-18.
Incidencias: Flouxa entrada. Preto de catro decenas de ruidosos afecionados no Pavillón de Salceda.

Unha tripla dun xogador de Mos a menos dun minuto para o final e con 50-50 no marcador, botou por terra as esperanzas dun Caselas traballador e voluntarioso, pero desacertado nos momentos importantes.
O encontro foi entretido e igualado e con moitas faltas pola nosa parte: 29, con tres eliminados (César, Hedber e Jorge), aspecto este que tamén poido ser clave.
Nos segundos finais e con 50-53, os de Carlos Kustrin tentárono dende o 6,25, pero o balón non entrou. E no intento de parar o reloxio, o Mos decorou o marcador dende o tiro libre. 

A BASE:
En Cadete Feminino, bó traballo pero sen recompensa para as de Adrián e Xan: Caselas 35 Seis do Nadal "B" 43.
En Alevín Mixto, clara melloría dos de Manolo, que non tiveron problemas: Caselas 40 García Barbón 13.
En Benxamín Mixto, perderon claramente fora de Salceda o "A" e o "B".
O Infantil Feminino descansou. 


Publicado por cbcaselas @ 23:35  | CRONICAS
Lunes, 11 de enero de 2016

CASELAS (44): Darío 13, Igor 0, Carlos 7, Rober 0, Jorge 2. QUINTETO. César 12, Hedber 3, Manu 4, Eloy 3.
Parciais:  1ºC: 20-11.  2ºC: 23-14.  3ºC: 15-7.  4ºC: 18-12.
Incidencias: Primeiro partido do ano novo disputado no Complexo Deportivo de URECA, en Nigrán.

Pouco que comentar dun encontro onde o Caselas quixo pero non poido perante o líder intratable deste grupo, que mostrou a súa solvencia de principio a fin. Logo de moito tempo, para a fin de semana voltamos a xogar en Salceda nun derbi "da nosa liga" con Mos.

A BASE:
Aínda que fixeron un aceptable partido, derrota das Cadetes: Celta Bosco 51 Caselas 29.
Nova e traballada victoria do Infantil Feminino cun pavillón de Salceda con moitísimo público: Caselas 38 IES.Rosais 32.
En Minibasket, bó partido do Alevín pese a derrota perante Novobasket Vigo por 38-46 e sen cor no Benxamín B tamén favorable a Novobasket. O Benxamín A pasou unha excelente tarde de domingo na concentración de Monçao (Portugal).


Publicado por cbcaselas @ 23:32  | CRONICAS
Jueves, 07 de enero de 2016

Xa temos completa a primeira xornada do ano 2016. Ademáis, o Benxamín "A" foi invitado a unha concentración na veciña Monçao, onde xogarán varios partidos.
A comezar con forza. ARRIBA CASELAS !!!!

Senior Masculino: URECA - CASELAS
Sábado 9 // 18:00h // Complexo deportivo URECA (Nigrán)
Cadete Feminino: R.C.CELTA BOSCO - CASELAS
Domingo 10 // 12:00h (saída 10:45) // Pavillón de Navia (Vigo)
Infantil Feminino: CASELAS - IES. ROSAIS DE VIGO
Sábado 9 // 18:00h // Pavillón de Salceda
Alevín Mixto: CASELAS - NOVOBASKET VIGO
Sábado 9 // 12:00h // Pavillón de Salceda
Benxamín Mixto "A": CASELAS - GARCÍA BARBÓN
Sábado 9 // 10:00h // Pavillón de Salceda
Benxamín Mixto "B": CASELAS - NOVOBASKET AMARILLO VIGO
Domingo 10 // 9:30h // Pavillón de Salceda
Concentración en Monçao (Portugal). CASELAS BENXAMÍN "A"
Domingo 10 pola tarde no Pavillón de Monçao (a confirmar horario)

Publicado por cbcaselas @ 14:58
Domingo, 03 de enero de 2016

Pechabase o ano 2015 co II Torneo de Nadal de Salvaterra, onde participaron o CB.Caselas EDM. Alevín e Benxamín A e B. Os catro equipos participantes en cada categoría xogaron en formato cuadrangular todos contra todos.
O luns 28 saltaban a cancha os Benxamíns, coa participación de Salvaterra, Monçao, Caselas A e Caselas B. Despois dunha sana loita, Monçao venceu no partido decisivo a Caselas A por 29-28 e levouse o título. Caselas A quedou subcampeón e Caselas B foi terceiro.
O mécores 30 turno para os Alevíns, coa participación de Salvaterra, Monçao, Ponteareas e Caselas. A pesar de estar moi fallóns no tiro, os nosos fixeron un bó traballo e gañaron os tres partidos, levándose o título que xa conseguiran o ano pasado.
Agradecer ao club local a boa organización e o seu trato cara a nós.
 
Arriba: Caselas EDM Benxamín A e B, e Abaixo: Caselas EDM Alevín coas súas medallas.
 
 
Arriba: Salvaterra-Caselas B Benxamín. Abaixo: Monçao-Caselas A Benxamín.
 
 
Arriba: intensa loita, con varios polo chan, no A contra o B. Abaixo outra imaxe do derbi con Alex co balón.


Dúas imaxes dos Alevíns. Arriba  xogador Nico entrando moi ben a canasta. Abaixo os de Salceda planificando durante un tempo morto.


Publicado por cbcaselas @ 12:40  | TORNEOS E ACTOS