Domingo, 31 de enero de 2016

A faltas de acerto e un pouco de sorte, fan que o Caselas remate a primeira fase da liga de 3ªDivisión con dúas novas derrotas na doble xornada. A pesar de todo, o equipo demostrou garra, entrega e un cambio de actitude moi positivo. O conxunto entrenado por Carlos Kustrin xogará a liguilla do descenso. Informaremos.

9ª xornada (xoves 28): CASELAS 48 AIREXA NIGRÁN 52
CASELAS (48):
 Darío 10, Igor 3, Carlos 9, Hedber 17, Jorge 4. QUINTETO. Rober 2, Adrián 0, César 3, Manu 0.
Parciais:  1ºC: 18-18.  2ºC: 6-7.  3ºC: 10-12.  4ºC: 14-15.
Incidencias: Sobre tres decenas de afecionados na noite de xoves no Pavillón de Salceda.

Partido entretido e moi disputado, con varias alternancias no electrónico. Os de Nigrán plantexaron unha defensa zonal moi pechada, que foi un lastre para os nosos. Aínda así, nos derradeiros segundos tivemos balóns para gañar, pero os lanzamentos non entraron.

13ª xornada (sábado 30): CASELAS 66 SEIS DO NADAL COIA 70
CASELAS (66):
 Darío 14, Rober 2, César 16, Hedber 10, Jorge 0. QUINTETO. Igor 12, Carlos 5, Adrián 0, Manu 7, Eloy 0.
Parciais:  1ºC: 24-15.  2ºC: 10-17.  3ºC: 17-18.  4ºC: 15-20.
Incidencias: Bo ambiente na tarde de sábado en Salceda, con seis decenas de afecionados.

Mereceu máis o Caselas, que dominou no marcador ata o último cuarto, chegando a ter ventaxas de ata 14 puntos durante o encontro. Pero no cuarto final pagouse o enorme esforzo feito polos xogadores, moi castigados polas faltas (nada menos que 36 sinaladas ao Caselas por 23 aos de Coia). A isto hai que unir o grande acerto dende o tiro libre dos visitantes, todo o contrario que os nosos, moi desacertados no tiro libre -aspecto este a mellorar- e no tiro de campo.

A BASE:
Na base só se poido conseguir unha victoria. Foi a do Infantil Feminino, que pechan a primeira fase clasificándose para a liguilla polo título, logo de vencer nun bonito encontro a Redondela por 41-38. Noraboa as xogadoras e ao entrenador Martín!
No resto, derrotas claras perante equipos máis fortes, que nos obrigan a seguir traballando coa mesma ilusión.


Publicado por cbcaselas @ 23:04  | CRONICAS