Lunes, 25 de enero de 2016

CASELAS (42): Darío 7, Igor 3, Rober 4, Hedber 7, Jorge 2. QUINTETO. Carlos 9, Adrián 3, César 6, Manu 1.
Parciais:  1ºC: 17-15.  2ºC: 13-8.  3ºC: 14-12.  4ºC: 21-7.
Incidencias: Boa entrada no Pavillón de Porriño neste derbi comarcal, con varios afecionados de Salceda animando. Debutou no Caselas o noso querido Adrián Salgado, que se viste de corto para axudar aos senior no resto da temporada.

O encontro comezou cun ritmo frenético por ambas partes: rápidas transicións e xogo bonito e vistoso. E así foi ata practicamente o descanso (30-23). O Caselas lograba aguantar o alto ritmo e a forte defensa imposta polos líderes da liga, un equipo numeroso e moi completo.
Despois do ecuador -como era de prever- ese ritmo baixou, pero os nosos aguantaban moi ben: 44-35, cun público salcedense agradecido. Pero no periodo final o equipo se descentrou por completo, pendentes máis de decisións arbitrais, e iso nos apartou totalmente do partido chegando a esa diferenza excesiva despois do visto nos corenta minutos. 

ESTE XOVES AS 21:00h, CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Este xoves 28 as 21:00 horas no Pavillón de Salceda, Caselas e Airexa Nigrán xogarán o partido de liga que foi aprazado no seu momento. Dous días despois, o sábado 30, voltaremos a xogar en casa o último partido da primeira fase perante o Seis do Nadal Coia.
Xa sabedes....todos co C.B.Caselas!!!! 

A BASE:
Os nosos equipos Cadete feminino e Alevín mixto caeron derrotados amplamente nos seus desprazamentos a Vigo.
O resto dos equipos descansaron. 


Publicado por cbcaselas @ 22:50  | CRONICAS