Domingo, 03 de enero de 2016

Pechabase o ano 2015 co II Torneo de Nadal de Salvaterra, onde participaron o CB.Caselas EDM. Alevín e Benxamín A e B. Os catro equipos participantes en cada categoría xogaron en formato cuadrangular todos contra todos.
O luns 28 saltaban a cancha os Benxamíns, coa participación de Salvaterra, Monçao, Caselas A e Caselas B. Despois dunha sana loita, Monçao venceu no partido decisivo a Caselas A por 29-28 e levouse o título. Caselas A quedou subcampeón e Caselas B foi terceiro.
O mécores 30 turno para os Alevíns, coa participación de Salvaterra, Monçao, Ponteareas e Caselas. A pesar de estar moi fallóns no tiro, os nosos fixeron un bó traballo e gañaron os tres partidos, levándose o título que xa conseguiran o ano pasado.
Agradecer ao club local a boa organización e o seu trato cara a nós.
 
Arriba: Caselas EDM Benxamín A e B, e Abaixo: Caselas EDM Alevín coas súas medallas.
 
 
Arriba: Salvaterra-Caselas B Benxamín. Abaixo: Monçao-Caselas A Benxamín.
 
 
Arriba: intensa loita, con varios polo chan, no A contra o B. Abaixo outra imaxe do derbi con Alex co balón.


Dúas imaxes dos Alevíns. Arriba  xogador Nico entrando moi ben a canasta. Abaixo os de Salceda planificando durante un tempo morto.


Publicado por cbcaselas @ 12:40  | TORNEOS E ACTOS