Domingo, 27 de diciembre de 2015

ENTRENOS:
- Nesta derradeira semana do 2015, só entrenarán os Alevíns (Luns 28, 16:30h) e Senior (Luns 28, 21:00h).
- O Luns 4 de xaneiro voltan todos os equipos aos entrenos con normalidade.

TORNEO DE NADAL DE SALVATERRA BENXAMÍN E ALEVÍN:
Pavillón Municipal de Salvaterra de Miño. Equipos: Salvaterra, Caselas, Ponteareas, Monçao.
- Luns 28 de 10:00 a 13:00h: BENXAMÍN. Saída de Salceda as 9:00h.
- Mércores 30 de 10:00 a 13:00h: ALEVÍN. Saída de Salceda as 9:00h.
Levar a equipaxe de xogo e camiseta de quentamento, entre outra roupa.

MERENDA DE NADAL E PARTIDIÑO:
Mércores 30 no Centro Social A Devesa as 18:00h (categorías base) e 21:00h (senior), tradicional merenda de nadal do CB.Caselas.
E as 16:30h no Pavillón, partidiño entre as nosas Cadetes VS Infantiles.  Disfrutade!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 13:46
Mi?rcoles, 23 de diciembre de 2015

Os benxamíns "A" e "B" e alevíns do CB.Caselas/EDM.Salceda foron invitados a este magnífico torneo navideño organizado polo C.B.Nigrán.
Os nosos peques, acompañados por numerosos pais, pasaron dous días a tope, enfrontándose con equipos do sur da provincia. 
Aquí tedes unhas imaxes que valen máis que mil palabras. Arriba Caselas!!!!!!
 
Os equipos coas súas familias que os acompañaron.
Arriba: Benxamíns A e B.  Abaixo: Alevíns.


Na primeira imaxe de abaixo, o Benxamín B. Na segunda, o Benxamín A. Na terceira, o Alevín. Grandes os tres equipos!!!!


Loita polo balón entre Gabriel (Benxamín A) e Manuel (Benxamín B). O derbi entre os nosos dous equipos foi moi disputado.


Arriba: Ledicia nos Alevíns.
Abaixo: Outra imaxe do derbi entre os dous Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 0:25  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 22 de diciembre de 2015

Non houbo xornada para Senior nin para Alevín. Rematamos o ano 2015 cos seguintes resultados:
Cadete Fem: CASELAS 39 MIRALBA 35
Infantil Fem: LOS SAUCES 64 CASELAS 35
Benxamín "A": CASELAS 36 AIREXA NIGRÁN 66
Benxamín "B": SALESIANOS 23 CASELAS 11

E recordade........o mércores 30 de decembro no Centro Cultural A Devesa (18:00h para categorías base e 21:00h para senior), MERENDA DE NADAL PARA TODOS!!!!!!!!!!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 0:04
Lunes, 14 de diciembre de 2015

CASELAS (46): Darío 4, Igor 8, Carlos 3, Rober 7, Jorge 4. QUINTETO. César 15, Hedber 3, Manu 0, Eloy 2.
Parciais:  1ºC: 13-14.  2ºC: 16-14.  3ºC: 18-10.  4ºC: 24-8.
Incidencias: Pavillón do Berbés en Vigo. O Caselas voltaba a liga logo dun mes sen xogar.

Aguantaron moi ben os xogadores de Salceda ata o terceiro cuarto, onde perdiamos 47-38, pero no cuarto final o equipo desinflouse por completo. Isto podese entender por dúas causas: por un lado o cansancio acumulado nos primeiros tres cuartos; e por outro lado a acumulación de faltas dos homes de Carlos Kustrin, con catro eliminados por 5 faltas: Darío, César, Hedber e Jorge, nun plantel composto hoxe por 9 xogadores. O partido foi duro, con moitísimas faltas perante un equipo de calidade.

A BASE:
Derbi Cadete Feminino de pouca calidade pero moi emocionante en Porriño, resolto ao final: Porriño B 30 Caselas 27.
O Infantil Feminino segue na zona alta cunha nova victoria en Salceda: Caselas 63 Salesianos Vigo 37.
En Minibasket claras derrotas en Alevín, Benxamín A e B. O nosos inexpertos xogadores non gañan, pero seguen mellorando pouco a pouco, principal obxectivo do noso clube nestas categorías. 


Publicado por cbcaselas @ 23:34  | CRONICAS
Viernes, 04 de diciembre de 2015

Informamos que este luns 7 de decembro (ponte da Constitución), hai entrenos para todos os equipos, excepto para o Benxamín "A".


Publicado por cbcaselas @ 14:39