Lunes, 14 de diciembre de 2015

CASELAS (46): Darío 4, Igor 8, Carlos 3, Rober 7, Jorge 4. QUINTETO. César 15, Hedber 3, Manu 0, Eloy 2.
Parciais:  1ºC: 13-14.  2ºC: 16-14.  3ºC: 18-10.  4ºC: 24-8.
Incidencias: Pavillón do Berbés en Vigo. O Caselas voltaba a liga logo dun mes sen xogar.

Aguantaron moi ben os xogadores de Salceda ata o terceiro cuarto, onde perdiamos 47-38, pero no cuarto final o equipo desinflouse por completo. Isto podese entender por dúas causas: por un lado o cansancio acumulado nos primeiros tres cuartos; e por outro lado a acumulación de faltas dos homes de Carlos Kustrin, con catro eliminados por 5 faltas: Darío, César, Hedber e Jorge, nun plantel composto hoxe por 9 xogadores. O partido foi duro, con moitísimas faltas perante un equipo de calidade.

A BASE:
Derbi Cadete Feminino de pouca calidade pero moi emocionante en Porriño, resolto ao final: Porriño B 30 Caselas 27.
O Infantil Feminino segue na zona alta cunha nova victoria en Salceda: Caselas 63 Salesianos Vigo 37.
En Minibasket claras derrotas en Alevín, Benxamín A e B. O nosos inexpertos xogadores non gañan, pero seguen mellorando pouco a pouco, principal obxectivo do noso clube nestas categorías. 


Publicado por cbcaselas @ 23:34  | CRONICAS