Domingo, 29 de noviembre de 2015

Xogaron todos os nosos equipos, menos o Senior Masculino.
O Cadete Feminino xogou un mal partido en Salceda no derbi con Tui e caeu por 32-87.
Alegría para o Infantil Feminino, que pese a non xogar un bó partido, gañou en Redondela por 30-32.
Xa nas canastas pequenas -no minibasket-, claras derrotas para o Alevín, Benxamín A e B. No caso do Benxamín A, partido moi bonito en Salceda entre os nosos e o Novobasket Vigo, con 31-55 final.
No vindeiro fin de semana de ponte da Constitución, non haberá liga. Os entrenos continuarán con normalidade. 


Publicado por cbcaselas @ 12:46
Lunes, 23 de noviembre de 2015

Protagonismo para as categorías base, pois non houbo xornada para senior masculino nin infantil feminino.
Os nosos equipos non lograron a victoria neste fin de semana, pero os [email protected] intentárono.
As rapazas Cadetes perderon en Baiona 70-29 coa lesión de Laura, que desexamos se recupere pronto. O Alevín Mixto loitou en García Barbón, pero un parcial de 14-0 no segundo periodo, setenciounos: 47-25. O Benxamín Mixto "A" fixo un bó encontro pero perdeu en Miralba 39-36. Por último, doble xornada en Salceda para o Benxamín Mixto "B" -os nosos queridos peques-, que perderon claramente con Tui e Porriño.

SUDADEIRAS CON CAPUCHA: Dende o xoves 26 de novembro, xa tendes a vosa disposición as sudadeiras con capucha que encargástedes. Recollelas na oficina do C.B.Caselas.

PÉSAME PARA A FAMILIA SÍO: Hoxe luns 23 se nos comunicaba o falecemento de Manuel Sío, avó do noso senior Igor Sío, e gran seguidor e socio do C.B.Caselas dende hai moitos anos. Alá onde xogaba o seu neto, alá estaba él e a súa dona animando e apoiando, sempre dialongante coa directiva e con todos. O enterro será mañá martes 24 as 5 da tarde en Porriño. O noso máis sinceiro pésame a súa familia.

CONCENTRACIÓNS DÍA INTERNACIONAL VIOLENCIA DE XÉNERO: Nos comunican dúas concentracións a celebrar na Praza do Concello o mércores 25 de novembro co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Por un lado, a organizada polo Concello de Salceda as 12:00. Por outro lado, a organizada pola Agrupación Socialista de Salceda as 5 da tarde.


Publicado por cbcaselas @ 23:36
Domingo, 22 de noviembre de 2015
Lunes, 16 de noviembre de 2015

CASELAS (64): Bruno 11, Igor 6, Rober 6, César 6, Jorge 8. QUINTETO. Darío 6, Carlos 2, Hedber 16, Manu 0, Eloy 3.
Parciais:  1ºC: 27-14.  2ºC: 8-15.  3ºC: 17-14.  4ºC: 21-21.
Incidencias: Tarde noite de sábado no Colexio Seis do Nadal de Coia. O Caselas dispuso de todo o plantel, excepto Dani, que continúa recuperándose da lesión dende a primeira xornada.

O Caselas relaxouse en defensa no primeiro cuarto (27 puntos encaixados) e iso pasou factura definitiva aos homes de Carlos Kustrin.
Os vigueses, conxunto filial do equipo de primeira división, con xente xoven e correosa, soubo aguantar todo o encontro a un Caselas que o intentou e mellorou a imaxe da semana pasada con Porriño. Cando os nosos apretaron atrás, o Seis do Nadal baixou o caudal anotador, pero o noso equipo non foi quen de remontar e foi sempre por atrás no electrónico.
Caprichos do calendario: entre descanso por ser un grupo impar, fin da primeira volta e ponte da constitución, o Caselas estará case un mes sen xogar. Voltaremos o 12-13 de nadal no inicio da segunda volta visitando ao Rías Baixas Blanco. Tal vez este parón veña moi ben para entrenar e traballar diversos aspectos.
 

A BASE:
Outro debut: a totalidade do plantel do Benxamín "B" -equipo xovencísimo con algúns rapaces de 7 anos- "soubo" o que era un partido o domingo en Seis do Nadal. Os pitufos de Martín perderon claramente, pero a ilusión destes pequenos supera calquera adversidade. Algo parecido sucedeu co Benxamín "A" de Adrián e Iago en Salceda co Colexio Mariano-
Dúas victorias a domicilio: en Alevín Mixto, victoria dos de Manolo na difícil cancha de Maristas: Novobasket Azul 30 Caselas 32, e do Infantil Feminino de Martín: IES.Rosais 40 Caselas 60.
O Cadete Feminino de Adrián e Xan -coma os senior- entregaron o partido no primeiro cuarto e perderon en Salceda cun Compañía de María superior: 33-70.  


Publicado por cbcaselas @ 22:40  | CRONICAS
Lunes, 09 de noviembre de 2015

Este domingo 8 de novembro o pavillón de deportes de Salceda vestiuse de festa na presentación do C.B.Caselas e E.D.M.Salceda, nun emotivo acto que conmemoraba os 25 anos de baloncesto en Salceda de Caselas.
Máis de 250 persoas poblaron as bancadas e ovacionaron aos preto de 80 xogadores que desfilaban pola cancha presentados por Silvia, voluntariosa presentadora. Especial protagonismo para os máis peques -alegres, expectantes e atentos a todo detalle- que participaron en minipartidos e concursos de tiro.
Tamén estiveron os entrenadores, directivos e outros colaboradores, ademáis da presenza -entre outros- do alcalde Marcos Besada.
E como non os patrocinadores. Sen eles sería imposible seguir adiante: Concello de Salceda, Hermanos Núñez Lorenzo de Salceda, Suministros Porriño, Telefonía Telmo Import, Chocolates Antoxo e Norexca Excavacións. GRAZAS!
Tamén agradecer o traballo voluntario do fotógrafo Berto, sempre ahí para botar unha man.
A xornada pechouse co partido dos nosos maiores do senior, que non poideron superar no derbi a Porriño.

Na imaxe,de ezquerda a dereita: infantiles, cadetes e senior. 

 
As rapazas infantiles preparadas para salir.

 
Os peques do Benxamín "A" expectantes.

 
Equipo Alevín Mixto.

 
Grito de guerra: 1, 2, 3.......CA-SE-LAS!!!!!!

 
O balón non paraba nas mans de xogadoras e xogadores.


Concurso de tiro de infantil feminino con Raquel (na imaxe) contra Gloria (na canasta contraria).


Publicado por cbcaselas @ 23:41  | TORNEOS E ACTOS


O noso xogador Bruno tratando de obstaculizar un pase dun xogador de Porriño.

CASELAS (32): Bruno 11, Darío 4, Igor 5, Carlos 0, Jorge 0. QUINTETO. Rober 2, César 7, Hedber 3, Eloy 0, Manu.
Parciais:  1ºC: 8-10.  2ºC: 9-12.  3ºC: 5-14.  4ºC: 10-19.
Incidencias: Encontro xogado despois do acto de presentación do clube. Excelente entrada no Pavillón de Salceda con preto de 200 afecionados

O derbi comarcal tivo unha clara cor visitante. O Porriño impuxo un altísimo ritmo de xogo dende o inicio, cunha defensa presionante ao borde da falta, aproveitando a capacidade física dos seus xogadores. Isto dificultou o ataque dos nosos, que a medida que transcurrían os minutos se estrellaban unha e outra vez co muro porriñés, con numerosas perdas de balón, baixísima porcentaxe de tiro e demasiadas individualidades. Así o Caselas, que comezou ben (17-22 ao descanso), foise diluíndo pouco a pouco ata rematar superado. Como aspecto positivo destacar a boa actitude defensiva, deixando ao líder do grupo Porriño con 55 puntos anotados.
Debemos reflexionar e seguir traballando. O equipo pode e diso estamos convencidos todos. 

A BASE:
Para moitos rapaces e rapazas este fin de semana supoñía xogar o primeiro partido federado da súa vida, e a ilusión e entrega dos peques é digna de eloxio. Non coseguimos a victoria en Alevín nin Benxamín A, ambos perante Redondela, pero si pensamos que preto do 80% dos xogadores de minibasket se inician neste curso, entenderemos que queda moito percorrido e balón por gastar.
En Cadete e Infantil Feminino loitamos ata o final e perdemos axustadamente perante Seis do Nadal e Los Sauces respectivamente. 


Publicado por cbcaselas @ 23:12  | CRONICAS
Martes, 03 de noviembre de 2015


XORNADA DE LIGA PARA AS CATEGORÍAS BASE:
Comezan as ligas de minibasket. Aquí tedes todo o programa de partidos:

Cadete Feminino: SEIS DO NADAL B - CASELAS
Sábado 7 // 16:00 (saída 14:40) // Colexio Seis do Nadal Coia.
Infantil Feminino: CASELAS - LOS SAUCES
Domingo 8 // 12:00 // Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto: CASELAS - REDONDELA
Domingo 8 // 10:00 // Pavillón de Salceda.
Benxamín Mixto A: REDONDELA - CASELAS
Sábado 7 // 10:00 (saída 8:45) // Instituto Mendiño -Redondela.
Benxamín Mixto B: CASELAS - PORRIÑO
APRAZADO A PETICIÓN DE PORRIÑO.


Publicado por cbcaselas @ 21:15  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 01 de noviembre de 2015

CASELAS (50): Bruno 14, Igor 8, Rober 0, César 7, Jorge 6. QUINTETO. Carlos 2, Hedber 13, Eloy 0.
Parciais:  1ºC: 9-14.  2ºC: 11-7.  3ºC: 13-12.  4ºC: 9-17.
Incidencias: Pavillón Óscar Pereiro de Mos, coas bancadas practicamente valeiras de público.

Sufriu o Caselas durante tres cuartos de partido (33-33 ao comezo do último periodo), para dar un arreón no tramo final a base de defensa e contrataque. Precisamente, eses dous aspectos foron dos que coxearon os nosos -unido as perdas de balón en pase-. O equipo non defendía, e o Mos, con bós lanzadores de perímetro, aproveitaba para manterse no encontro. Os xogadores de Carlos Kustrin tardaron, pero reaccionaron a tempo colocando un 38-50 a pouco máis dun minuto. Dúas canastas do Mos deixaron o 42-50 final.

PRESENTACIÓN DO CLUBE:
E xa sabedes! O vindeiro domingo 8 a partir das 5 da tarde, a Presentación. Ademáis teremos un fin semana a tope, pois comezan os peques. Informaremos durante a semana.


Publicado por cbcaselas @ 23:33  | CRONICAS