S?bado, 31 de octubre de 2015
Lunes, 26 de octubre de 2015

CASELAS (42): Bruno 8, Darío 5, Igor 11, Carlos 2, César 4. QUINTETO. Rober 1, Hedber 11, Manu 0, Jorge 0, Eloy 0.
Parciais:  1ºC: 12-13.  2ºC: 11-15.  3ºC: 11-12.  4ºC: 6-17.
Incidencias: Moi flouxa entrada no Pavillón de Salceda con tres decenas de seguidores, nun horario que coincidía co Celta-R.Madrid de fútbol.

O URECA de Nigrán mostrou o seu oficio e veteranía para levarse un encontro, onde os nosos, con máis corazón que cabeza, entregaron no periodo final. Aínda que os visitantes levaron a iniciativa no marcador e no xogo, o Caselas -sen moito acerto pero con loita- respondía con boa defensa. Así, o 23-28 no descanso e o 34-40 no inicio do cuarto periodo, mantiñan as esperanzas salcedenses. Pero no perido final, pecamos de individualismo tal vez pola falta de ideas ofensivas e iso enterrou as escasas opcións.
Agora veñen dous derbis: Mos e Porriño. Teremos que seguir traballando. O equipo está na liña correcta.

CATEGORÍAS BASE:
Debutaron as rapazas. O Infantil Feminino conseguía unha gran victoria na difícil cancha de Salesianos: 21-60.
O Cadete Feminino caía en Salceda co Celta Bosco Negro por 39-71, con derrota xusta pero resultado un tanto engañoso polos méritos feitos polas nosas.

PRESENTACIÓN:
Informamos que o domingo 8 de novembro as 5 da tarde no Pavillón, celebraremos o tradicional Acto de Presentación do Club. As 7 da tarde, derbi senior Caselas-Porriño. Alí vos esperamos!!


Publicado por cbcaselas @ 23:56  | CRONICAS
Mi?rcoles, 21 de octubre de 2015

Os equipos femininos do Club e Escolas debutan na liga.
O Infantil Feminino de Martín Kuperberg disputará a 3ªDivisión grupo 2, enfrontándose a Salesianos. O Cadete Feminino de Adrián Salgado e Xan Otero disputará a 2ªDivisión grupo 2, xogando a primeira xornada este domingo en Salceda co Celta. E tamén nova xornada para o Senior Masculino en Salceda.
E como non......diversión, entrada de balde e cantina!!!!!

Senior Masculino: CASELAS - URECA
Sábado 24 // 16:00h // Pavillón de Salceda
Cadete Feminino: CASELAS - R.C.CELTA NEGRO
Domingo 25 // 17:00h // Pavillón de Salceda
Infantil Feminino: SALESIANOS NEGRO - CASELAS
Sábado 24 // 10:00h (saída 8:50) // Colexio Salesianos Vigo 
Alevín Mixto:
Non comezou
Benxamín Mixto "A":
Non comezou
Benxamín Mixto "B":
Non comezou

Publicado por cbcaselas @ 21:33
Lunes, 19 de octubre de 2015

CASELAS (57): Darío 7, Igor 3, Rober 2, César 12, Hedber 5. QUINTETO. Bruno 9, Carlos 13, Manu 2, Jorge 3, Eloy 1.
Parciais:  1ºC: 6-8.  2ºC: 12-8.  3ºC: 9-18.  4ºC: 8-13.
Incidencias: Noite de sábado no Pavillón de Deportes do Colexio de Panxón.

Primeira alegría da temporada dun Caselas, que sen facer un gran encontro, dominou e marcou diferenzas dende un principio. Os homes de Carlos Kustrin estiveron máis entonados que a semana pasada e non tiveron problemas perante un equipo recén ascendido da cuarta división.
PRÓXIMA XORNADA:
O vindeiro sábado 24 recibimos en Salceda a un dos gallitos da categoría, o URECA.
E tamén volve o baloncesto feminino, coa posta en escena das nosas Cadetes e Infantiles. As cadetes xogan en Salceda co Celta. As infantiles van a Vigo a xogar con Salesianos. 


Publicado por cbcaselas @ 22:14  | CRONICAS
Lunes, 12 de octubre de 2015


C.B.Caselas 2015/2016 ao completo.
Arriba: Rober, Hedber, Carlos Vicente, Eloy, Igor e Carlos Kustrin (entrenador).
Abaixo: Manu, Jorge, Dani, César, Darío e Bruno.

CASELAS (44): Dani 2, Igor 12, Rober 2, César 9, Hedber 6. QUINTETO. Bruno 4, Darío 4, Carlos 2, Manu 0, Jorge 2, Eloy 1.
Parciais:  1ºC: 10-12.  2ºC: 16-19.  3ºC: 7-10.  4ºC: 11-13.
Incidencias: Primeiro partido da temporada 15/16 xogado no Pavillón de Deportes de Salceda con oito decenas de afecionados. O noso xogador Dani Alonso tivo que retirarse na segunda metade por unha lesión no xeonllo ezquerdo froito dunha caída, precisando asistencia sanitaria. O vindeiro xoves saberase o alcance da súa lesión. Pronta recuperación Dani!!

Mal debut do novo e ilusionante Caselas nun encontro que perdonamos demasiado, con baixísimas porcentaxes de tiro libre e de campo perante un equipo vigués que se aplicou en defensa. A primeira metade foi igualada, e na segunda os visitantes acadaron pequenas rendas que nunca fomos capaces de remontar.


Publicado por cbcaselas @ 0:08  | CRONICAS
Mi?rcoles, 07 de octubre de 2015

3ªDivisión Autonómica Senior Grupo 1:
C.B.CASELAS - RÍAS BAIXAS DE VIGO
Sábado 10 de outubro  //  6 da tarde  //  Pavillón de Salceda.

Nova savia para o C.B.Caselas, patrocinado un ano máis pola Asesoría Fiscal e Laboral de Salceda HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L.
O equipo entrenado de novo por Carlos Kustrin, deberá sobrepoñerse as baixas de 6 xogadores, moitos de eles veteranos no clube e que levaban un importante peso no xogo. Para suplilos, os de Salceda ficharon a 4 xogadores: Bruno Iglesias e Eloy Barcia, que será o teito do equipo con 1,95m, ambos procedentes do Porriño, e Darío Alvarez e Jose Manuel López, procedentes do Eléctrica Sestelo de Ponteareas. Continúan da pasada temporada Igor Sío, Jorge González, Dani Alonso, Hedber Otero, Carlos Vicente, César Dacosta e Roberto Alvarez.
Os obxetivos son os de loitar partido a partido, xa que polos numerosos cambios no plantel, é difícil plantexarse unha meta concreta.
Hai que agradecer a profesionalidade e implicación dos 6 xogadores que non continuarán: Pablo Cabaleiro, Pedro Larrañaga, Oscar Docampo, Pablo Taboada, Rubén Rodríguez -o capi- e Lucas Caruncho. Nos casos de Pablo Cabaleiro e Rubén, con case 10 anos defendendo estas cores. Os demáis -con algúns anos menos- pero fieles. Estamos seguros de que seguirían, pero os seus compromisos lles impiden vir a entrenar.

Xa sabedes! Todos o sábado ao pavillón! Como sempre....entrada de balde e cantina.


Publicado por cbcaselas @ 21:57