Lunes, 26 de octubre de 2015

CASELAS (42): Bruno 8, Darío 5, Igor 11, Carlos 2, César 4. QUINTETO. Rober 1, Hedber 11, Manu 0, Jorge 0, Eloy 0.
Parciais:  1ºC: 12-13.  2ºC: 11-15.  3ºC: 11-12.  4ºC: 6-17.
Incidencias: Moi flouxa entrada no Pavillón de Salceda con tres decenas de seguidores, nun horario que coincidía co Celta-R.Madrid de fútbol.

O URECA de Nigrán mostrou o seu oficio e veteranía para levarse un encontro, onde os nosos, con máis corazón que cabeza, entregaron no periodo final. Aínda que os visitantes levaron a iniciativa no marcador e no xogo, o Caselas -sen moito acerto pero con loita- respondía con boa defensa. Así, o 23-28 no descanso e o 34-40 no inicio do cuarto periodo, mantiñan as esperanzas salcedenses. Pero no perido final, pecamos de individualismo tal vez pola falta de ideas ofensivas e iso enterrou as escasas opcións.
Agora veñen dous derbis: Mos e Porriño. Teremos que seguir traballando. O equipo está na liña correcta.

CATEGORÍAS BASE:
Debutaron as rapazas. O Infantil Feminino conseguía unha gran victoria na difícil cancha de Salesianos: 21-60.
O Cadete Feminino caía en Salceda co Celta Bosco Negro por 39-71, con derrota xusta pero resultado un tanto engañoso polos méritos feitos polas nosas.

PRESENTACIÓN:
Informamos que o domingo 8 de novembro as 5 da tarde no Pavillón, celebraremos o tradicional Acto de Presentación do Club. As 7 da tarde, derbi senior Caselas-Porriño. Alí vos esperamos!!


Publicado por cbcaselas @ 23:56  | CRONICAS