Mi?rcoles, 07 de octubre de 2015

3ªDivisión Autonómica Senior Grupo 1:
C.B.CASELAS - RÍAS BAIXAS DE VIGO
Sábado 10 de outubro  //  6 da tarde  //  Pavillón de Salceda.

Nova savia para o C.B.Caselas, patrocinado un ano máis pola Asesoría Fiscal e Laboral de Salceda HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L.
O equipo entrenado de novo por Carlos Kustrin, deberá sobrepoñerse as baixas de 6 xogadores, moitos de eles veteranos no clube e que levaban un importante peso no xogo. Para suplilos, os de Salceda ficharon a 4 xogadores: Bruno Iglesias e Eloy Barcia, que será o teito do equipo con 1,95m, ambos procedentes do Porriño, e Darío Alvarez e Jose Manuel López, procedentes do Eléctrica Sestelo de Ponteareas. Continúan da pasada temporada Igor Sío, Jorge González, Dani Alonso, Hedber Otero, Carlos Vicente, César Dacosta e Roberto Alvarez.
Os obxetivos son os de loitar partido a partido, xa que polos numerosos cambios no plantel, é difícil plantexarse unha meta concreta.
Hai que agradecer a profesionalidade e implicación dos 6 xogadores que non continuarán: Pablo Cabaleiro, Pedro Larrañaga, Oscar Docampo, Pablo Taboada, Rubén Rodríguez -o capi- e Lucas Caruncho. Nos casos de Pablo Cabaleiro e Rubén, con case 10 anos defendendo estas cores. Os demáis -con algúns anos menos- pero fieles. Estamos seguros de que seguirían, pero os seus compromisos lles impiden vir a entrenar.

Xa sabedes! Todos o sábado ao pavillón! Como sempre....entrada de balde e cantina.


Publicado por cbcaselas @ 21:57