Martes, 29 de septiembre de 2015

O C.B.Caselas senior masculino xa coñece o calendario de 3ªDivisión A, que comezará o 10 de outubro. A principal novidade é a eliminación da 4ªDivisión, que pasará a chamarse 3ªDivisión B.
Logo do sorteo na federación, a 3ªDivisión A quedou dividida en 2 grupos:

Grupo 1: Caselas / Mos / Porriño B / Rías Baixas Blanco / Airexa Nigrán A / URECA / Seis do Nadal Coia.
Grupo 2: Arcade / Rodaballo Vigo / Rías Baixas Verde / Airexa Nigrán B / Vigo 90s / Puerto de Vigo / Redondela.

Na primeira fase de liga, xogan todos contra todos a doble volta.
Na segunda fase, xogan a doble volta o 1º e 2º de cada grupo (polo título de liga), o 3º e 4 (postos 5 a 8), e o 5º, 6º e 7º (postos 9 a 14). O campeón e subcampeón ascenden a 2ªDivisión. O 11º, 12º, 13º, 14º descenden a 3ªDivisión B.

O C.B.Caselas debuta en Salceda co Rías Baixas Blanco. Logo visita ao Airexa Nigrán A. Proximamente publicaremos o plantel de xogadores e todas as novidades. O calendario completo o tedes no enlace de abaixo.


Publicado por cbcaselas @ 22:45
Mi?rcoles, 23 de septiembre de 2015

Grazas ao traballo de varios xogadores, aquí tedes o esperado vídeo do C.B.Caselas Senior Masculino, CAMPEÓN de Copa Primavera 2014-2015. Resultados: Ida: Caselas 56 Rías Baixas C 56. Volta: Rías Baixas C 57 Caselas 60.
 


Publicado por cbcaselas @ 22:38  | VIDEOS
Domingo, 20 de septiembre de 2015

O baloncesto tomou o pasado sábado 19 de setembro a Praza do Concello de Salceda nunha espléndida tarde de sol. O C.B.Caselas en colaboración co Concello de Salceda, organizou en sesións de mañá (no pavillón) e de tarde (na praza) o "Día do Baloncesto", coa participación de numerosos nenos e nenas. Destacar o gran esforzo dos pequenos e o traballo de entrenadores e directiva, volcados no evento.
Nas imaxes, arriba foto de grupo; no medio un momento dun partido; abaixo a organización.
 



Publicado por cbcaselas @ 23:07  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 16 de septiembre de 2015