Martes, 29 de septiembre de 2015

O C.B.Caselas senior masculino xa coñece o calendario de 3ªDivisión A, que comezará o 10 de outubro. A principal novidade é a eliminación da 4ªDivisión, que pasará a chamarse 3ªDivisión B.
Logo do sorteo na federación, a 3ªDivisión A quedou dividida en 2 grupos:

Grupo 1: Caselas / Mos / Porriño B / Rías Baixas Blanco / Airexa Nigrán A / URECA / Seis do Nadal Coia.
Grupo 2: Arcade / Rodaballo Vigo / Rías Baixas Verde / Airexa Nigrán B / Vigo 90s / Puerto de Vigo / Redondela.

Na primeira fase de liga, xogan todos contra todos a doble volta.
Na segunda fase, xogan a doble volta o 1º e 2º de cada grupo (polo título de liga), o 3º e 4 (postos 5 a 8), e o 5º, 6º e 7º (postos 9 a 14). O campeón e subcampeón ascenden a 2ªDivisión. O 11º, 12º, 13º, 14º descenden a 3ªDivisión B.

O C.B.Caselas debuta en Salceda co Rías Baixas Blanco. Logo visita ao Airexa Nigrán A. Proximamente publicaremos o plantel de xogadores e todas as novidades. O calendario completo o tedes no enlace de abaixo.


Publicado por cbcaselas @ 22:45