Domingo, 09 de agosto de 2015

Xa estamos planificando a nova temporada. Ahí van as novidades:

Cadro de entrenadores pechado.
Seis persoas encargaranse da dirección técnica dos equipos do CB.Caselas/EDM.Salceda. A única novidade é Martín Kuperberg, que entrenou na pasada campaña a Porriño junior e cadete femininos, ademáis de entrenar varios anos á base de Cluny de Santiago. Martín entrenará ao noso equipo Infantil Feminino. Os demáis entrenadores continúan, repartíndose así os equipos: Senior Masculino: Carlos Kustrin. Cadete Feminino: Adrián Salgado e Xan Otero. Alevín Mixto: Manolo González. Benxamín Mixto: Adrián Salgado e Iago Suárez.

Inicio de pretemporadas.
O Infantil e Cadete Femininos comezan xuntas o luns 17 de agosto as 16:30h no Pavillón. Posteriormente falarán cos seus entrenadores para definir os seguintes días. As datas dos demáis equipos publicaranse proximamente.
Os días de entreno para toda a temporada continuarán a ser Luns e Xoves nos horarios habituais.

Busca de novos xogadores/as.
Precisamos xogadores para todas as categorías base. Os interesados poden presentarse nos entrenos e falar co entrenador. Poden probar gratis durante varios días. Tamén poden anotarse na oficina municipal de deportes no pavillón; tfno: 986.349513, mail: [email protected]
No caso de Senior Masculino, precisamos xogadores con formación e experiencia para xogar na 3ªDivisión. Interesados chamar ao 630.562800 ou mail: [email protected]

Inicio das Ligas.
A Federación Galega de Baloncesto, nas Bases de Competición publicadas na súa web, indica as datas de inicio das Ligas:
- Senior Masc: 11 outubro.
- Cadete Fem e Infantil Fem: 18 outubro.
- Benxamín e Alevín: En outubro.

Outras novidades.
Haberá novo balón de xogo, da marca Molten, para todas as competicións galegas. Transitoriamente, durante o 2015-2016, poderase quentar cos balóns anteriores Baden, pero o balón de xogo debe ser o Molten.
Tamén aumenta considerablemente o prezo do seguro dos xogadores. Isto nos obrigará a facer un esforzo económico maior nestes tempos difíciles. 

 


Publicado por cbcaselas @ 13:45