Lunes, 06 de julio de 2015

SENIOR  MASCULINO

1ªFase (3ªdivisión autonómica grupo E-1):
3º clasificado de 8 equipos    ------------  10 victorias / 4 derrotas.

2ªFase (Postos 5º a 8º):
Posto 8º de 15 equipos totais    -------------  3 victorias / 3 derrotas.


Copa Primavera grupo B:
CAMPEÓN de 9 equipos    -------------  4 victorias / 1 empate / 0 derrotas.


TOTAL TEMPORADA: 17 victorias / 1 empate / 7 derrotas.

Entrenador: Carlos Kustrin. O compromiso e a unión dun numeroso e gran grupo de xogadores foi a clave da boa campaña. Moitísima igualdade nesta 3ªDivisión (varios partidos resoltos nos segundos finais e na prórroga), cun bó nivel de xogo e moitos equipos aspirantes. Na primeira fase nos quedamos ás portas de clasificarnos para o play off de ascenso (destinado aos dous primeiros). Na segunda fase quedamos 8º, pero tranquilamente poidemos ser 5º, pois o grupo se decidiu polo basketaverage, ao quedar os 4 equipos empatados con 3 victorias e 3 derrotas. Isto podía afectarnos psicoloxicamente, pero o equipo foi a máis culminando coa consecución da primeira Copa Primavera da historia no 25 aniversario do clube.
 

CADETE  MASCULINO

1ªFase (2ªdivisión autonómica grupo E-2):

7º clasificado de 9 equipos    --------------  4 victorias / 12 derrotas.

2ªFase (Postos 13º a 16º):
Posto 15 de 18 equipos totais    -------------  2 victorias / 2 derrotas.


TOTAL TEMPORADA: 6 victorias / 14 derrotas.

Entrenador: Manuel González. Equipo irregular, con algúns xogadores que se iniciaban ao baloncesto en cadete, aspecto a ter en conta. Outro problema foi a falta dun entrenador fixo e estable, que non se poido conseguir por causas axenas. A pesar destes atrancos, o equipo logrou uns resultados por riba das expectativas, gañando varios partidos, competindo en outros e perdendo claramente en ocasións.


INFANTIL  FEMININO

2ªdivisión autonómica categoría E-2 grupo único:
6º clasificado de 11 equipos totais    --------------  11 victorias / 9 derrotas.

TOTAL TEMPORADA: 11 victorias / 9 derrotas.

Entrenadores: Adrián Salgado / Xan Otero. Grupo de xogadoras ilusionante e responsable, con metade de primeiro ano e segundo. Competiron moi ben, a pesar de atravesar un bache de xogo na segunda fase que lles privou estar máis arriba. Notouse unha mellora técnica e táctica, que debemos de seguir traballando de cara ao futuro. Remataron a campaña xogando o II Torneo Vila de Salceda.
 

ALEVÍN MIXTO

1ªFase (Liga de Vigo 2ªdivisión grupo B):

4º clasificado de 6 equipos    --------------  5 victorias / 5 derrotas.

2ªFase (Postos 7º a 12º):
Posto 9 de 18 equipos totais    --------------  6 victorias / 4 derrotas.


TOTAL TEMPORADA: 11 victorias / 9 derrotas.

Entrenador: Manuel González. Equipo de maioría xogadoras xogando contra rivais na maioría de nenos. Plantel moi competitivo e loitador, que ao igual que as Infantiles, poideron quedar máis arriba. Excepto en dous partidos, competiuse en todos, con moitos finais de infarto que tranquilamente se poideron gañar. Culminaron unha boa temporada con dous títulos en dous torneos: campeóns no Torneo de Salvaterra e no de Salceda.


BENXAMÍN MASCULINO

Liga Escolar de Porriño:
Entrenador: Iago Suárez. Tratouse de facer equipo para competir en liga federada, pero non foi posible pola escaseza de xogadores. Para compensar xogaron dende xaneiro –un ano máis- a Liga Escolar de Porriño, con formato competitivo, pero sen primar os resultados. Os rapaces aprenderon e disfrutaron da experiencia, tratando de transmitir sobre a pista os coñecementos que aprenderon. Ao final quedaron subcampeóns. Tamén xogaron varios torneos amigables.


Publicado por cbcaselas @ 1:18