Domingo, 14 de junio de 2015

Ilusión e ledicia nos nosos Minis Alevíns e Benxamíns, que durante o sábado e domingo participaron nesta festa invitados un ano máis polo clube local Monçao Basket, ao que temos que agradecer.
Os nosos pequenos, dirixidos por Manolo (Alevín) e Iago (Benxamín) xogaron un total de 12 minipartidos contra equipos de todo o norte de Portugal: Monçao, Viana, Santa Marta, Limiense, Alfenense, María da Fonte, Penafiel, etc., onde o resultado era o de menos.
Aquí vos quedan unhas bonitas imaxes.
 
Caselas Alevín Mixto.
 
Partido alevín perante Monçao.
 
A xogadora alevín Carla lanza dende o chan un balón. 


Publicado por cbcaselas @ 14:56  | TORNEOS E ACTOS

O Colexio Mariano de Vigo levouse este torneo triangular ao vencer claramente ao Caselas (18-48) e ao Marín (16-45). As nosas rapazas quedaron en 3ªposición ao perder con Marín (21-28). A asistencia de público non foi numerosa debido ao calor e a coincidencia co Torneo Mini de Monçao, onde estaban os nosos equipos. Sen embargo a xornada estivo marcada pola convivencia e bó ambiente entre todos, resultando un éxito.
 




Publicado por cbcaselas @ 14:39  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 09 de junio de 2015


Arriba, o plantel do C.B.Caselas posa co trofeo e recordos de Campeóns de Copa.
Abaixo, tiro libre de Hedber.

RÍAS BAIXAS C 57 CASELAS 60
C.B.CASELAS (60): 
Pedro 27, Igor 12, Carlos 5, Dani 0 e Rober 0. QUINTETO. Hedber 8, Rubén 2, Oscar 6, Jorge 0, Lucas e Pablo Taboada.
Parciais: 16-13 / 16-10 / 11-16 / 10-14.  Prórroga: 4-7.
Incidencias: Boa entrada de público e bo ambiente no Pavillón do Colexio Marcote en Vigo no encontro de volta da final. Varios afecionados de Salceda. O plantel do C.B.Caselas adícalle esta copa e título a Rosi, nai dos nosos xogadores de categorías base Cris e Carlos, falecida hai poucas datas. O C.B.Caselas acada a primeira Copa Primavera da historia no seu 25 aniversario. Agradecer ao patrocinador do equipo "Hermanos Núñez Lorenzo, S.L." de Salceda a súa constante axuda.

O partido tivo todos os ingredientes propios dunha gran final: ambiente, emoción, loita, igualdade....., aliñados -como non podía ser doutro xeito- cunha prórroga, ao chegar ao final dos 40 minutos regulamentarios con empate a 53 (na ida en Salceda, empate a 56).
Salcedenses e vigueses apostaron por un baloncesto bonito e intenso, con boas defensas e con unha metade para cada equipo.
A primeira parte tivo cor local, cun Rías Baixas máis acertado que abría unha brecha no descanso: 32-23. Na segunda parte, o Caselas, guiado hoxe por un xenial Pedro (27 puntos), reaccionou moi ben, traballando en equipo e apretando en defensa. A medida que as diferenzas se iban limando, os xogadores de Carlos Kustrin se iban crecendo. Nos minutos finais empatamos e nos conseguimos poñer por diante no electrónico, pero o Rías Baixas reacciona e deixa un 53-53: e a emoción servida para a prórroga!!
Ahí o Caselas soubo estar a altura de todo un campeón e se levou este título que premia o seu gran traballo da temporada.
Felicitar ao Rías Baixas por chegar ata aquí; gran equipo.
Para rematar, destacar o COMPROMISO e SACRIFICIO deste gran grupo de persoas, que antepoñendo o baloncesto a outras facetas da súa vida, fan que poidamos chegar a estas cotas. Noraboa rapaces!!! 


Publicado por cbcaselas @ 0:28  | CRONICAS
Jueves, 04 de junio de 2015

Os diferentes equipos do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda estarán inmersos en tres importantes citas neste remate de temporada.

SENIOR MASCULINO- PARTIDO DE VOLTA DA FINAL DE COPA (ida: empate a 56):
RÍAS BAIXAS C - CASELAS
Domingo 7 xuño // Colexio Marcote de Vigo // 12:00h.

IX FESTA DO MINIBASKET DE MONÇAO:
ALEVÍN MIXTO:
Sábado 6 xuño // Pavillón de Deportes de Monçao // saída de Salceda as 10:15 e regreso de Monçao sobre as 18:30h. Horarios españoles.
Xogarán 3 partidos pola mañá e 3 pola tarde.
BENXAMÍN MASCULINO:
Domingo 7 xuño // Pavillón de Deportes de Monçao // saída de Salceda as 9:45 e regreso de Monçao sobre as 18:30h. Horarios españoles.
Xogarán 4 partidos pola mañá e 2 pola tarde.

II TORNEO VILA DE SALCEDA INFANTIL FEMININO:
Triangular entre o C.B.Caselas, C.B.Marín Peixegalego e Colexio Mariano Vigo.
Sábado 6 xuño // Pavillón de Deportes de Salceda // 17:30h. 
Aquí tendes o cartel deste gran torneo. Disfrutade do basket!!!!
 


Publicado por cbcaselas @ 0:11
Lunes, 01 de junio de 2015

C.B.CASELAS (56): Pedro 17, Igor 1, Carlos 10, Dani 2 e Rober 0. QUINTETO. Hedber 7, Lucas 2, Rubén 7, Pablo Taboada 0, Oscar 8 e Jorge 2.
Parciais: 9-13 / 26-16 / 14-11 / 7-16.
Incidencias: Encontro de Ida da final de Copa Primavera celebrado no Pavillón de Salceda, con preto dun centenar de animosos afecionados. Queda todo por decidir no partido de volta o vindeiro fin de semana en Vigo.

O Caselas xogou un partido intermitente, alternando fases de gran xogo con outras de escaso acerto. A pesar diso, o equipo de Carlos Kustrin mostrou unha boa actitude e loitou ata o final por unha victoria que tivo no peto ata os minutos finais. Comezou o partido cun Caselas frío e desatinado no tiro, pero foise asentando e crecendo no segundo cuarto, onde se miraron os mellores minutos do partido. O público salcedense empurraba e as ventaxas iban en aumento: 49-40 ao remate do terceiro cuarto. No cuarto final mantívose esa intensidade, pero os tiros simplemente non entraban. Os vigueses, cun equipo moi completo, estiveron máis atinados e poñíanse un punto arriba, 51-52 a escasos minutos. Xa con 56-54, os visitantes anotan unha difícil canasta a falla de 2 segundos para deixar o empate final.


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | CRONICAS