Martes, 26 de mayo de 2015
Domingo, 24 de mayo de 2015

Imaxe do Caselas EDM Benxamín tomada o venres 22 de maio na Final da Liga Escolar de Porriño.
Os peques de Salceda, entrenados por Iago Suárez, non poideron cun superior Peña de Francia Mos, e acadaron o subcampionato. Aínda queda moito traballo por facer, pero ahí está o logrado por estes rapaces. Arriba Caselas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 16:40
Mi?rcoles, 20 de mayo de 2015

Venres 22 de maio  //  17:20h (saída as 16:15)  //  Pavillón de Porriño
- Final Benxamín da Liga Escolar de Porriño -
PEÑA DE FRANCIA MOS - CB.CASELAS/EDM.SALCEDA

E recordade, para a seguinte semana, partido de Ida da Final de Copa Senior.


Publicado por cbcaselas @ 21:15
Martes, 19 de mayo de 2015
C.B.CASELAS (55): Pedro 23, Igor 9, Carlos 1, Dani 0 e Rober 1. QUINTETO. Hedber 6, Pablo Cabaleiro 4, Rubén 7, Oscar 2, Jorge 2 e Pablo Taboada.
Parciais: 17-15 / 10-8 / 12-12 / 16-10.
Incidencias: Unha vez máis, o público de Salceda -sobre oito decenas de afecionados- estivo sensacional, animando constantemente. O rival do Caselas na Final aínda non se coñece, pois a liguilla de clasificación do outro grupo remata a semana que ven.

Partido disputado e intenso entre dous equipos que se coñecían ben e que se xogaban nada menos que chegar a Final de Copa.
O Caselas construiu a victoria cunha gran defensa, que acabou por frenar aos lanzadores do Rías Baixas. En ataque, o equipo estivo acertado e soubo mover o balón con criterio, acadando pequenas ventaxas no electrónico: 27-23 ao descanso, e 39-35 no terceiro cuarto. No cuarto final os de Salceda, levados en volandas por un público que creía na victoria, remataron con autoridade perante un digno rival.
Outro resultado do Grupo B: Seis do Nadal Coia 81 Central Eléctr.Sestelo Ponteareas 54.
DATAS PARA A GRAN FINAL:
A Final da Copa Primavera xógase a Ida e Volta.
A Ida será en Salceda no fin de semana do 30-31 maio, e a Volta na cancha rival o 6-7 xuño.

CATEGORÍAS BASE:
Alevín Mixto de Manolo remata a liga con victoria en Salceda co Andersen por 52-44, logo de remontar oito puntos de desventaxa no descanso. Os alevíns rematan en 9ªposición, cun balance total de 11 victorias / 9 derrotas, indo a máis no tramo final.
O Benxamín Masculino de Iago -imitando aos Senior- clasifícase para a Final da Liga Escolar de Porriño ao vencer en semifinais ao Antonio Palacios. A Final será o venres 22 de maio no Pavillón de Porriño.


Publicado por cbcaselas @ 0:08  | CRONICAS
Martes, 12 de mayo de 2015


Arriba: Hedber co balón no poste baixo perante a presión do defensor local.
Abaixo: Espectacular salto de Igor.

 

C.B.CASELAS (71): Pedro 20, Igor 8, Carlos 12, Rober 2 e Lucas 4. QUINTETO. Hedber 12, Dani 2, Rubén 5, Pablo Taboada 4 e Jorge 2.
Parciais: 18-13 / 2-17 / 16-20 / 15-21.
Incidencias: Partido xogado na tarde de domingo no Pavillón de A Cañiza, ao estar ocupado o de Ponteareas. Pouco público.

O Caselas foi de menos a máis, cun inicio moi frío, espeso e sen intensidade, pero asentándose na cancha a medida que transcurrían os minutos. Os de Salceda -superiores técnica e tacticamente- non plasmaron esa superioridade ata mediados do segundo cuarto, cando comezaron a correr e a defender. A partir de ahí as diferenzas foron en aumento e o equipo dominou a pracer un encontro de non moita calidade. Hai que destacar a implicación dos dez xogadores: todo o mundo anotou e todos tiveron as súas oportunidades.
Outro resultado do Grupo B: Rías Baixas A 63 Seis do Nadal Coia 48. 
Partido decisivo o sábado 16:
O vindeiro sábado 16 de maio as 4 da tarde en Salceda, último e decisivo encontro C.B.Caselas-Rías Baixas A. O gañador quedará primeiro deste Grupo B e xogará a FINAL da Copa Primavera. Como sempre, pedimos o apoio do público.

CATEGORÍAS BASE:
Un parcial en contra de 12-0 no cuarto periodo, condenou ao Caselas alevín en Nigrán co Airexa. Os de Manolo reaccionaron moi ben no quinto e sexto periodo, pero pagaron as consecuencias dese parcial e quedáronse as portas: 43-37.
Os benxamíns de Iago gañaron sen problemas na fase final da liga escolar de Porriño ao Antonio Palacios. 


Publicado por cbcaselas @ 0:10  | CRONICAS
Lunes, 04 de mayo de 2015

No medio dunha gran tarde de ambiente, convivencia e baloncesto, o CB.Caselas EDM."A" proclamouse campión deste torneo logo de vencer con xustiza na final a Porriño "B" nun partido moi bonito. O CB.Caselas EDM."B" quedou 4º.
O numeroso público presente, preto de 300 persoas durante toda a tarde, animou sen parar as súas cores, arroupando a estos pequenos deportistas esforzados en facelo o mellor posible.
Agradecer aos clubes participantes a súa presenza. Tamén a todas as persoas voluntarias do C.B.Caselas o seu traballo, sen o cal isto non sería posible. 

1ªFase: a clasificación foi a seguinte:
Grupo A:  1º.Caselas A   2º.Maside   3º.Nigrán
Grupo B:  1º.Porriño B   2º.Caselas B   3º.Salvaterra

2ªFase: resultados finais:
5º-6º posto: SALVATERRA 20 NIGRÁN 19
3º-4º posto: CASELAS B 18 MASIDE 28
FINAL:  CASELAS A 51 PORRIÑO B 37 


Arriba: CB.Caselas A.
Abaixo: CB.Caselas B.
 


Un momento do Caselas B-Maside.
 
Caselas A e Nigrán unidos despois do seu partido.
 
Hanna, Ainhoa e Alba (foto de arriba), e Laura e Mireya (abaixo), sen olvidarnos dos demáis, que colaboraron activamente.
 


Aspecto xeral do Pavillón de Salceda.

Tempo morto con Manolo explicando aos xogadores durante a final.

Unha xogada da final Caselas A - Porriño.

Representantes dos seis equipos participantes cos seus trofeos. De ezquerda a dereita os capitáns de Caselas A, Caselas B, Salvaterra, Porriño, Maside e Nigrán.


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | TORNEOS E ACTOS